Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Sarkozy e o anti humanismo

ofalarnontencancelas 14-05-2007 GTM 1 @ 15:24 Tags:

 images15.jpg

 

Como vai convivir Sarkozy coas  pequenas contradicións agora?

Quen vai gañar a batalla? 

O Sarkozy pro americano ou  o pobo francés atado aos valores de independenza e aos valores universais democráticos.

Espérase unha intensa batalla política e ideolóxica, batalla no xogo de alto nivel, como o rol da Franza na Europa e no mundo, un mundo salvaxemente capitalista, o cal atravesa unha profunda crise, unha violenta crise. Un mundo tamén en transformación permanente con loitas pola resistencia.

Sarkozy integrou á francesa os valores ideolóxicos neoconservadoras da administración norteamericana e unha "ética" da inegalidade natural, a superioridade occidental e un xeito de integrismo patriótico.

Quer unha Franza estreitamente ligada á OTAN e aos EE.UU.

Unha Franza lista a intervir de xeito militar no exterior.

 Unha Franza onde se pode modernizar o seu armamento nuclear.

Unha opción que fai da potencia e do militarismo  os pilares do novo rol internacional de Franza.

Un seguidismo de Washington no oriente medio. Un sostente unilateral á política de ocupación de Israel. (xa o dicía na campaña por certo)

Tamén di que Franza non lle debe dar o lombo ao mediterráneo. Pero di non a un tratado de amizado coa ex colonia Arxelia.

Di non á entrada de Turquía na UE.

Di si a unha política ultrarestritiva de inmigración.

Non propón ningunha iniciativa á resolución do conflito palestino - israelí.

En definitiva estamos lonxe da unión mediterránea que propón.

A súa vez abusou dun discurso de corte neocolonial ao longo da campaña. Un discurso que robou á extrema dereita, onde se nega a recoñecer o feito colonial francés e moito menos está disposto a pedir disculpas por ilo.

En fin todo un poema anti humanista. Esta política exterior do "petit napoleón" pode facer recular a Franza no mundo e os valores que sempre foron habituais no país galo "liberté, egalité et fraternité"

Posto por MacLapfer

Comentarios(6) »

  1. a+randeeira

    A perda de poder estratéxico de Francia non é novo, pero o novo presi vai acelerar o salto ó baleiro coa súa chulería neoliberal. Agardemos que non arrastre a outros estados europeos.

    15-05-2007 - 16:28:24 GMT 1

  2. MacLapfer

    Non teño moita esperanza. Creo que o mundo occidental en xeral está entrando nunha época de decadencia. O único que espero é que o efecto Sarko non pase dos pirineos.

    15-05-2007 - 16:57:20 GMT 1

  3. susolista

    Hoxe dixeronme un refran antiguo de percebeiros, pra decir do temporal no mar. "Merda francesa no mar, ou anduvo, ou quere andar" Chamanlle merda francesa a espuma que flota no mar. Que sea o que diosqueira

    15-05-2007 - 18:47:30 GMT 1

  4. Ninsesabe

    Para os tempos que corren, eu tamén que voume a conformar co que di MacLapfer.

    16-05-2007 - 11:55:15 GMT 1

  5. An

    Que deus os pille confesados e por si fose o caso a nos tamen :P Saudos

    16-05-2007 - 17:31:24 GMT 1

  6. Roi Buligan

    O peor é a extinción probable da independencia francesa fronte a EEUU no intervencionismo americano, xa que o sistema semipresidencialista francés dalle a Sarkozy facultades principais no exterior.

    19-05-2007 - 11:23:29 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>