Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Interrupción embarazo en Suecia

ofalarnontencancelas @ 16:01 Tags:

 

 images14.jpg

O lider do Partido Cristiano Demócrata propuxo autorizar as mulleres estranxeiras de abortar en Suecia, o ministro de asuntos sociais, Göran Hägglund, non para de recibir críticas dos membros do seu mesmo partido. Unha mobilización anacrónica nun país que dispón dunha lexislación sobre a interrupción do embarazo das máis liberais de Europa.

Dende 1975, Suecia autoriza a práctica do aborto sen ningunha restrinción, ao longo das 18 primeiras semanas. Pero ata o día de hoxe soamente as Suecas e as mulleres que vivían no territorio nacional podían interrumpir o embarazo.

O goberno Social Demócrata iniciou unha reforma que permita cambiar dita situación. E ao perder as eleccións lexislativas, ocupou o ministerio de asuntos socias un membro do Partido Cristiano Demócrata que é socio do novo goberno de coalición de centro dereita.

A igrexa está tamén a facer presión, argumentando que isto vai producir "turismo abortivo", pensando principalmente nas polacas que as miña probes teñen que padecer unha rexime fundamentalista católica dos "Xemelgos fascistas". Ameazan con romper a coalición de goberno sostentada segundo eles pola comunidade cristiá.

Menos mal que en Suecia a confesión maioritaria e a luterana, e acusan aos católicos de monopolizar a voz dos cristiáns e de propagar un punto de vista  sen contar coa opinión das mulleres.

Ademáis unha sondaxe di que o 65% dos Suecos están ao favor da reforma.

Así que espero que o ministro siga valente e saque en xuño a emenda da lei no parlamenteo sueco e "vaian a rañar" a outro lado os fundamentalistas católicos.

 

Posto por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(6) »

#1

Esa muller ten o meu apollo, de pouco lle a valer pero é unha valente, cada vez o cristianismo e máis e máis fundamentalista, e logo falan dos musulmans

#2

Pero non poden abortar as estranxeiras tampouco de forma privada en Suecia?

#3

Xa ves, mesmo nos sitios civilizados a dereita é a dereita.

#4

Nunca o pensaría :O

#5

Perdoa X non puiden contestarte antes. Ata agora só podía abortar as residentes en Suecia. Ou iso teño entendido. Cousa que se non se volven atrais cambiará a partires de xuño por un proxecto de lei iniciado polos socialdemócratas.

#6

AN e Ninsesabe. Decirvos que da noxo ouvir a eses que falan da superioridade moral occidental cando miran por riba do lombo aos musulmáns, cando nós en Europa estamos cheos de fundamentalistas católicos que continuamente queren dinamitar o estado laico e restablecernos na idade media.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>