Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Maio do 68

ofalarnontencancelas @ 15:15 Tags:

 

 images13.jpg

Nun discurso feito o 29 de abril polo novo flamante presidente neoliberal, autoritario e pro americano "Le petit Napoleón-Sarkozy" botou as seguintes perlas "Maio do 68 nos impuxo o relativismo intelectual e moral": "Os herdeiros do Maio do 68 impuxeron a idea do todo vale, onde non existía diferenza entre o bo e o malo, ningunha diferenza entre o verdadeiro e o falso, entre o bonito e o feo. Quixeronnos facer crer que o alumno valía tanto como o profesor, que os exames non eran necesarios. Que a vítima contaba menos co delincuente".

"Le petit Napoleón-Sarkozy"volve a sacar o debate do maio do 68, un debate moi recorrido polos seudointelectuais de dereitas. Pero de que debate estamos a falar? A memoria imposta deses acontecementos, incluso por un sector da esquerda, é a dunhas revoltas de estudantes contra as xerarquías, dunha grande festa onde estaba "prohibido prohibir". Pero existe outra memoria do maio do 68 ocultada de xeito intencionado, a máis grande folga de obreiros e empregados da histoira da Franza, que foi preparada polos grandes movementos de solidariedade co pobo do terceiro mundo, e co pobo do Vietnam.

Os señores da dereita defensores da orde e da autoridade teñen que criminalizar o espíritu do 68 porque lles da medo que a cidadanía teña capacidade para ser libres e creativos, pensen por eles mesmos, sexan solidarios e incluso opten por cuestionarse moitas cousas que dinamitaría os pilares do sistema que eles tanto defenden.

Posto por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(6) »

#1

O lado escuro ameaza a Europa.

#2

Certo, moitos científicos sociais decían no seu día que todo era debido ao efecto péndulo, que despois dun período de revolución hai outro de reacción conservadora,e logo outra vez revolución, pero coido que alguén está a aguantar o péndulo no lado conservador e non o solta.

#3

Pois ben que me fixei, si señor, manda chover na Habana.
Non sei a quen lle oín a opinión de que o que pasara en Francia fora que elexiran a Margaret Tatcher, pero con 20 anos de retraso...
Ó mellor non andaba moi descamiñado.
De tódolos xeitos, a esquerda francesa deberá recapacitar. Aljo farían mal, dijo eu. A derrota non admite paliativos e a participación foi altísima. Non é fácil atopar disculpas.
Así que o "pequeno Napoleón" está moi lexitimado e témome que en xullo aínda máis. Pronostico unha desfeita no Partido Socialista Francés de aquí aló.
Permita o demo que me equivoque...Reconocerei o meu erro encantado.

#4

Moi boa a comparanza coa Tatcher, porque ata o día de hoxe a dereita francesa era de todo, pero non se atrevía moito co liberalismo, tiña un grande senso da república no seu senso tradicional de "cosa pública", era intervencionista e gostaba dun estado forte. pero Sarko quer cambiar todo isto. Quer xuntar conservadurismo con neoliberalismo, ou sexa un azanarista á francesa.

#5

Non sei o que está a pasar coa xente á hora de votar. Sabemos que desde Reagan e Thacher as formas e feitos políticos e económicos trocaron o mundo. As conquistas sociais desde primeiros de século XX a base de penalidades e mortos no camiño, estánse a menguar cada vez máis, as políticas salvaxes de neoliberalismo fan cada vez máis pobres aos pobres e máis ricos aos ricos, logo atópaste cantidade de xente que parecen progresistas e votan mil pestes contra esas políticas e ao final votan a eses que nos van a comer ata os "sancomiños". ¿É que somos os de a pé masoquistas ou simples hipócritas?. Ou agardamos que parte da tallada crematística neoliberal nos poida tocar Esa é a pregunta.

#6

A xente está demasiado entretida e adurmecida co consumo. A xente delegou a súa liberdade e o seu pensamento crítico. Son pesimista, pero creo que cada vez hai menos onde rascar.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>