
Cinco xornalistas arxelinos foron condenados ao cárcere por facer o seu traballo. Dous meses de cárcere para Abla Chérif e Hassane Zerrouky, e a xornalista Yasmine Ferroukhi. Cinco meses de cárcere para Mohamed Benchicou, o director do xornal “Matin”, xa encarcerado dende hai dez meses.
A liberdade de expresión en Arxelia sofre duras represións, non hai semana onde non pasen xornalistas polos tribunais.
O director do “Matin”, Mohamed, está no cárcere dende hai dez meses en condicións sanitarias deplorábeis, e o seu estado de saúde estase a deteriorar. “Le Matin” que tiña unha difusión de 150.000 exemplares por día en Arxelia, deixou de publicarse dende xuño do 2004. Catro xornalistas, que dende as súa columnas, tiveron a mala idea de investigar as malversacións financeiras que implican a persoas próximas do poder, están hoxe ameazadas de prisión e multas exorbitantes.
Os xornalistas arxelinos pagaron un grande prezo por combater o integrismo islámico. Máis de sesenta deles foron asasinados. Hoxe, un código penal transforma a súa profesión en delicto. A represión da prensa en Arxelia engádese ao agravante de falta de liberdade de prensa no mundo.
Que pouco se fala de Arxelia, dependemos tanto do seu gas. Non vaia ser que os enfademos!
Podes apoiar a estes xornalistas cunha firma dixital no xornal Francés L´Humanité
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
Pois xa o fixen.
Non servirá de moito, pero...
Moitas grazas pola túa colaboración.
Deixar un Comentario