Hoxe por casualidade atopei esto cando miraba a edición impresa de El Pais, e o mellor de todo é que non estaba coas tiras cómicas.
Fala o home con toda a autoridade, como se lle quedara algunha credibilidade despois do 11M, e suponse que todos temos que creer o que el dí.
Quizais cando o seu partido condene o alzamento militar do 36 contra un goberno lexítimo elexido democráticamente polos cidadáns entón recupere algo de credibilidade. Ou cando pida desculpas polas mentiras, insultos e as súas reiteradas faltas de respecto ós cidadans.
Mentras tanto que non espere que confiemos no que nos conta e que ante a "palabra de Acebes" a cidadanía conteste: "Te alabamos, señor"
Posto por Fror de Toxo

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(4) »
Este tipo non fai máis que dicir babosadas. Non acerto a comprender de onde sacaron os do PP ós seus asesores de imaxe.
Ata cando teremos que aguantar a este Sr. Supoñendo que é un señor, xa que comezo a dubidalo.
Sempre sobra quen lles fai caso, o conto e tocar a revato como se facian todos os partidos de dereitas antes do alzamento cando as esquerdas estaban preto ou gañaban unhas eleccións, non entendo como deixamos que franco nos fixera herdar unha monarquia, e non entendo tampouco como non se ilegaliza un partido que minte unha e outra vez de xeito reiterado...agora co medo que teñen teñen que armar máis baruñño por que dese xeito pensan cos van ter máis en conta, a magoa e que moitos si o faran
Eu teño a esperanza de que non lle funcione este xeito tan rastreiro e penoso de facer oposición. Dende logo diria ben pouco da sociedade que lles votou.
Deixar un Comentario