Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O status do Sahara-Occidental

ofalarnontencancelas @ 11:57

 

 pollogo.jpg

O status do Sahara-Occidental faise esperar. O consello de seguridade da ONU debe arbitrar dúas proposicións inconciliábeis presentadas por Marocos e a Fronte Polisaria.

Un tribunal d´EL Ayoun no Sahara-Occidental ocupado por Marrocos condenou o 17 de abril aos militantes dos dereitos do home Yahdkh Tarruz, Ameidan Luali e Bachri Ben Taleb a penas de prisión dun ano e seis meses para o primeiro e de cinco anos para o segundo.

 Aminatou Haidar, coñecido pola súa defensa en favor dos dereitos dos Saharauis, rexeitou entrar no tribunal e foi perseguido ata o seu domicilio polas forzas da orde de Marrocos.

A intimidación e a represión nesta antiga colonia do Estado Español, anexionada por Rabat no 75, son algunhas das consecuencias do entramado deste conflito. A pesar do despliegue das Nacións Unidas para a organización dun referendo, mandato que expira o 30 de abril, debería prolongarse seis meses, segundo as recomendacións do informe do secretario xeral Ban Ki-Moon. Venres, fontes diplomáticas da ONU indicaron que o Consello de seguridade debería estes días reunir as partes implicadas para retomar as negociacións directas en canto ao Status do Sahara-Occidental. Pero tendo en canto as declaracións parece que o día pode tardar en chegar.

Os protagonistas do conflito transmitiron ao Consello de Seguridade dúas proposicións irreconciliábeis. O 10 de abril, a Fronte Polisaria fixo coñecer a súa "solución política aceptábel" que, "no espíritu da letra" das resolucións internacionais e do plano Baker, proclama un referendo de autodeterminación "auténtico". No caso de votar en favor da Independenza, a Fronte Polisaria díse preparada, para un "acordo sobre a negociación en igualdade de condicións que permita a explotación en común dos recursos naturais existentes"

Marrocos, pola súa banda, propuxo "un status de autonomía" con prerogativos financieiros, xudiciais...., pero baixo o amparo do Reino de Marrocos que conservaría a exclusividade dos atributos da soberanía (bandeira, himno e moeda) ademáis das competencias constitucionais, a seguridade nacional, as relacións exteriores..... Despois da negociación, a súa iniciativa sería sometida a referendo, que segundo Rabat ten o apoio do Reino de España. Esta proposición, que impide o proceso de descolonización, foi por suposto rexeitado pola Fronte Polisaria.

 

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

O pobo saharauí tense que sentir moi decepcionado cos estados europeos que non amosan dunha vez por todas e con claridade a necesidade de que Marrocos deixe de por trabas as decisións que queiran tomar en liberdade.

#2

Os estados europeos lles interesa moito máis o económico con esa dictadura de Marrocos que o problema humano, e España está por esa labor. Foi e é unha traición ao pobo Saharaui por parte do noso país. Son os únicos que conservan o idioma castelán e beberon das nosas fontes culturais. Teñen uns dos bancos de peixe máis importantes do mundo, esta é unha das claves que non deixa a dictadura de Marrocos, aparte dos fosfatos e prespectivas de grandes bolsas de petróleo.Outras das cousas é que EEUU non está pola labor, lle interesa moito máis esa dictadura que un goberno progresista nun hipotético estado do Sahara.

#3

Xa se sabe ata con Zapatero pode a "real politik".

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>