Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

25 Abril

ofalarnontencancelas 25-04-2007 GTM 1 @ 14:48 Tags:

 

 arti66a.jpg

Hoxe cúmprense 33 anos da revolución dos caraveis, eu non a recordo e MacLpafer vagamente, xa que era moi pequerrecho, pero si se lembra de ver na tele un montón de militares con caraveis nos fusís e non entendía moi ben o que iso significaba.

Casualmente o setembro pasado, estivemos na fortaleza de Peniche (ao norte de Lisboa). Dita fortaleza foi utilizada coma prisión  ao longo da ditadura de Salazar, e cando nós fomos visitala había unha exposición sobre os que padeceron o presidio ao longo da ditadura. Gustounos moito, porque incluso tiñas a posibilidade de sentir como era a vida dos presos, xa que te podías meter nas celdas, no parlatorio, todo fielmente reproducido. Unha exposición de memoria histórica e de débeda cos que padeceron a ditatura Lusa, e sen tantos oubeos coma no noso Estado. Unha exposición ao fin e ao cabo onde de verdade se deixa ben claro quen foron as vítimas e quen foron os verdugos. Algo que deberían aprender no Estado Español, algúns revisionistas da historia máis recente, que queren meternos a todos no mesmo saco.

Nesta exposición tamén había fotos do día da revolución dos caraveis, cando liberaron aos presos. Eran emocionantes. Non hai nada máis emocionante que a liberdade. Nós queremos sumarnos a esta homenaxe, tendo presente a canción de Vila Morena de Zeca Afonso, porque pensamos que foi a revolución europea máis bonita do século XX.

 

Posto por  Fror de Toxo e MacLapfer

Comentarios(4) »

  1. Alfredinho

    ...Saudai o Sol que desponta
    Sobre um ridente porvir;
    Seja o eco de uma afronta
    O sinal do ressurgir.
    Raios dessa aurora forte
    São como beijos de mãe,
    Que nos guardam, nos sustêm,
    Contra as injúrias da sorte.

    Às armas, às armas!
    Sobre a terra, sobre o mar,
    Às armas, às armas!
    Pela Pátria lutar
    Contra os canhões marchar, marchar!....

    Menos mal que aínda nos queda Portugal, ¿non si?

    25-04-2007 - 16:17:49 GMT 1

  2. MacLapfer

    Si Alfredinho, si. Menos mal. Un saúdo compañeiro, da gusto ver como sabes a letra.

    25-04-2007 - 16:27:30 GMT 1

  3. Ninsesabe

    Eu sí que a recordo, perfectamente...Desventaxas de ser vello.
    Coincido contigo: foi a revolución máis bonita penso que non só do século XX.

    26-04-2007 - 16:49:33 GMT 1

  4. Fror de toxo

    Ninsesabe, estás seguro que son desventaxes?

    Naqueles anos pode que se pasara mal pero a sociedade era moi distinta, máis solidaria (sobre todo a nivel local), máis reinvindicativa... había a esperanza de que outro mundo era posible. Eu envexo un pouco iso.Non sei se cadra o idealizo porque non o vivín, pero se serve como anédocta na facultade sentíame fatal pensando que nos 60 se queimaban os suxeitadores e a depilación non estaba de moda, e que nos noventa as miñas compañeiras toleaban co Wonderbra e axudaban a pagar a ciruxía plástica cos cartos das becas.

    26-04-2007 - 20:03:34 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>