Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Fundación Secretariado Xitano

ofalarnontencancelas 18-04-2007 GTM 1 @ 09:12

 

images12.jpg

Últimamente non fai mais que sair na prensa novas sobre esta fundación do estupendísmos que son, e de canto  fan polo colectivo xitano. Quixera facer unha serie de puntualizacións ao respecto desta fundación, a nivel informativo, para que saibades de quen se trata.

 É unha das inumerábeis fundacións vinculada co mundo da igrexa (que raro!), que sobreviven grazas a orzamentos públicos.

 Perceben fondos públicos a nivel europeo, estatal, das distintas comunidades autónomas e a nivel local en toda España.

 Supostamente traballan en dúas areas no ámbito social e no ámbito do emprego co programa ACCEDER para inserción socio laboral do colectivo xitano.

O cumprimento dos seus obxectivos é mais que dubidoso, é máis hai moitas outras asociacións e organizacións políticas xitanas que dubidan da súa boa intención.

Ademais mercan case todos os locais onde realizan as súas actividades, xuntándose cun patrimonio inmobiliario por toda a  península grazas aos cartos públicos que son de todos.

Sábese tamén que xitanos/as con verdadeiros problemas sangrantes foron abandaoados á súa sorte. Iso si, non teñen ningún problema en utilizalos diante dos medios de comunicación (fan recopilación de novas) para seguir a conseguir fondos.

Posto por MacLapfer.

Comentarios(4) »

  1. Ninsesabe

    Estamos conseguindo que ninguén se fíe xa de nada. Xa vimos o que pasou con esa ONG de marras. O conto é gravísimo. Por exemplo, eu ignoraba totalmente esto que contas. Hai que joderse.

    19-04-2007 - 11:49:53 GMT 1

  2. moucho_branco

    A miña desconfianza viña xa de antes, nunca crín na cultura da caridade como solución aos problemas, pero estas historias non fan mais que corroborarme nas miñas impresións.

    20-04-2007 - 13:08:39 GMT 1

  3. Fror de toxo

    Eu penso que moitas veces este tipo de institucións acaban esquecendo cal é o seu fin. Traballan pensando só na supervivencia da propia organización, manexando cifras e porcentaxes que lles permitan acceder á próxima subvención, e acaban percibindo ós seus propios usuarios non como suxeitos ós que axudar senón como un medio para conseguir a autoconservación.

    Iso nos mellores casos, logo tamén están os que directamente queren enriquecerse ou exercer o seu poder, ou...

    20-04-2007 - 20:15:39 GMT 1

  4. sarampelo

    Estou dacordo con moucho branco, as cousas neste mundo xamais se solucionaron coa caridade. Iso me lembra aquelas grandes Sras. de apelidos de vaginas de ouro no franquismo pedindo para "La Misiones".
    O único que ten solución é a xustiza social e a loita para acadar un mundo mellor. todo o demais ONGS, Caritas,etc son pamplinas. Son como o piche de tapar ocos de baches na estrada, pero xamais se arranxa a estrada. Coido que a iso chámase coller o touro polos cornos.

    20-04-2007 - 22:16:42 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>