Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A semana da paixón

ofalarnontencancelas @ 12:59 Tags:

 semana-santa.JPG

Coa chegada da semana santa non nos damos librado de toda clase de manifestacións relixiosas , nada envexábeis en  calquera país ferventemente islámico.

E pensar que o de sacar os santos á rúa foi un invento da contrareforma, sobre todo nos países latinos e moi especialmente na península, para asustar ao pobo analfabeto para que non se arrimaran aos seguidores de Lutero.

Igorancia e relixión combinación moi propia do Estado Español.

Por isto reivindico que nesta semana exista unha alternativa socio cultural  laica e festiva, para os libres pensadores onde poidamos desconectar e entregarnos a outro tipo de "paixóns".

Posto por MacLapfer e Fror de Toxo

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

#1

Pois non é mala idea. Coido que puidera ser o xuntarnos todos os laicos na carballeira máis grande de Galicia, exposicións de pintura,libros,escultura,concertos de música pop,rock, galega etc a cargo de grupos e solistas,grupos de teatro, contacontos, recital poético a cargo dos poetas galegos, conferencias de escritores e outros temas, e invitar a un cura da teoría da liberación. e por non faltar a queimada aló pola noitiña con festa rachada a toda marcha.

#2

Se un día son millonario chamareite para que me organices o evento.

Saúdos

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>