Esta é a pregunta que hoxe se fan en San Marcos despois de que onte á noite un veciño sufrira un atropelo mortal. Non é a primeira vez e sen nengunha dúbida non será a última. En pouco máis de dez anos tres persoas morreron atropeladas nun tramo de menos de douscentros metros.
A pesar da construcción da nova autovía que leva ó aeroporto, a carreteira vella que une Lavacolla con Santiago segue soportando moito tráfico. Os veciños de San Marcos teñen que sufrir un constante trafego de vehículos que baixo o pretexto de que hai unha boa recta atravesan a localidade a toda pastilla, e todo isto sen un paso de peóns, un semáforo, ou un triste tramo de beirarúa.
As citadas beirarúas foron prometidas polo concello hai anos, disque.
Hoxe síntome impotente e por iso recurro á única ferramenta da que dispoño, este blog, para facer un pouco de presión. Sei que é como tirar unha botella ó mar pero non por iso vou deixar de intentalo.
Espero que o señor Bugallo recapacite e deixe de mirarse o embigo, o rural de compostela agoniza carente dos máis elementais servizos básicos, hai parroquias que se declaran en rebeldía reclamando a independenza (sorte veciños de Enfesta) doídos polo abandono do concello e o reiterado incumplimento das promesas polas que se anexionaron a compostela. Mentras o noso alcalde so se preocupa dos grandes proxectos propios da capital, aqueles que o levan a aparecer na prensa.
Ou mellor ainda (como o señor Bugallo xa dispuxo de dúas lexislaturas e nada nos fai pensar que esté disposto a cambiar o seu xeito de actuar nunha terceira) espero que eleitoralmente recolla os froitos da súa mala xestión. Merecemos un alcalde que invirta máis na mellora dos servizos e menos en bombardearnos con propaganda.
Tamén me anoxa a cantidade de individuos amorais que xermolan nesta sociedade enferma, capaces de seguir adiante e pensar que a súa vida vai seguir igual despois de segar unha vida e fuxir para non asumir responsabilidades, pero isto será motivo doutro post.
Posto por Fror de Toxo

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario