
Onte fomos os tres ao concerto de Jazz de Philip Catherine trio, dentro da programación compostela jazz, no auditorio de galicia.
Nin que dicer ten que nos gustou, o jazz nunca me deixa de abraiar como tres músicos poden chegar a unha confluencia tan marabillosa.
Ademáis houbo unha canción na que nos fixo partícipe ao público, na que tiñamos que imitar tatareando as notas que o guitarrista tocaba, onde por un momento todo tipo de público confluíamos tamén nun tatareo máis ou menos desinhibido. As veces a comunicación non necesita máis.
En definitiva se un día tendes a oportunidade de velos, merece a pena.
Posto por MacLapfer.





moucho_branco —
e é que coma a máxia da música en directo non che hai nada.
01-04-2007 - 16:21:30 GMT 1
Fror de toxo —
Pois sí, pero que che imos contar a tí, moucho.
02-04-2007 - 15:46:55 GMT 1