
Eu xa me espero todo deste persoeiro, que non deixa de abraiarme coas súas declaracións e os seus actos.
Por se non o sabíades, que seguro que si, vouvos contar algunhas curiosidades deste elemento:
- Dixo que estaba na política para enriquecerse.
- Foi alcalde de Benidorm que é todo un exemplo de urbanismo racional.
- Foi responsábel de terra mítica, o seu grande fracaso empresarial.
- É un gran coleccionista de reloxos de luxo (3.000 euros exemplar).
E agora a última nova:
- O Ministerio de Traballo négase a pagar unhas tres facturas de turrón de 23.000 euros solicitado polo equipo Zaplana cando estaban ao frente do ministerio, para ter detalles cos amiguiños.
Da gusto ver persoas coma esta dando leccións de moral ao próximo.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
e digo eu, con 23.000 euros en turrón como conserva esa dentadura de chuleta sen caries?
Amin o que máis me "laiquea" deste home, aparte da súa posición política de extrema, é o seu moreno de Cancún, eu penso que toma raios UVA ou ULTRA.....
Pero non se queima a pel nin de coña.Tamén me ten pinta de PlayBoy a lo "macho español".Ou sexa o "picha de ouro".
Deixar un Comentario