Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Liberdade de expresión

ofalarnontencancelas @ 12:26 Tags:

 

 libertad_informacion.gif

 

Na liña de sempre os señores do PP que tanto alardean da liberdade, á liberdade existente no eslogan "Una, Grande Y Libre" , recomendan agora facer boicot ao grupo PRISA,  polas últimas declaracións de Polanco, nas que dicía que desexaba que existira  un partido conservador no Estado Español de corte laico e moderado, unhas declaracións por certo que proveñen dun empresario que non creo precisamente que peque de esquerdista.

Ben, pois estas declaracións foron moi molestas para a cúpula do PP, e propuxeron o boicot ao grupo. Claro deben botar de menos aqueles tempos de goberno cando controlaban case todos os medios de comunicación (os medios públicos, antena tres tv, a maioría das televisións autonómicas, a cope, onda cero....) e lles facían apoloxía do PP. Os tempos onde puñan ao propio Polanco contra as redes xudiciais, ou a calquera disidente da liña oficial.

De todos os xeitos aínda lles quedan moitos medios como  a cope, "teleespe" ou  Canal 9 onde a candidata Alborch leva 112 días sen saír no medio. Os da liberdade, que non respectan a liberdade de expresión.

 

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

Un boicot temporal está moi ben así os mortais podemos descansar un pouco e deixar de escoitar tanta parvada que din nas roldas de prensa.

#2

Opino o mesmo que A Randeeira.
Que calen a boquiña e que nos deixen respirar un pouco.

Por outro lado levas razón probablemente no de que Polanco non debe ser de esquerdas, e sen embargo hai que fixarse no seu Grupo que leva moito tempo dando caña sen parar. ¿Contradicción? Eu penso que fai falla un pouco de todo, pero como tamén di el, con moderación.

Pero se che digo a verdade, o que me estraña é que esto xa o levan querendo facer durante moito tempo, e sen embargo aguantaron ata agora. Ogallá estén caladiños durante moito tempo, e que Jiménez Losantos e Pedro J. lle fagan de escudo se queren.

Un saúdo!

#3

O problema do Estado Español é ter soamente un partido que ocupe o abano do centro dereita. Na maioría dos paises de centro europa están moi diferenciados (Liberais conservadores, liberais progresistas, Social conservadores ou de corte cristián, e logo os de ultra dereita ou corte xenófobo...) e áínda que pareza que non existe moita diferenza entre cada un deles. Por exemplo alí é moi habitual que pacten socialistas e social cristiáns para facer fronte a políticas excesivamente liberais.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>