Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

China

ofalarnontencancelas @ 13:56 Tags:

 images10.jpg

Tantas guerras libradas no mome dos valores occidentais e da democracia.

Dicindo que gobernos do mundo son dignos de ser ou non derrocados.

Decidindo que países son dignos de posuír armamento nuclear ou non.

Mentres tanto alí temos a CHINA, que estes días aposta por defender a propiedade privada, iso si so para os que conducen Ferraris ao caron das macro fotografías de MAO, os miserábeis do mundo rural terán que seguir compartindo co estado dita propiedade.

Iso si abrazando ao capital, pero seguindo incumprindo cos dereitos humanos, impedindo a democracia e a liberdade de expresión. En definitiva unha potencia emerxente mundial que combina o peor dos dous sistemas converténdose nun capitalismo de estado neofascista, tolerado por toda a comunidade internacional que tanto se lle enche a boca coas verbas "democracia occidental", "dereitos humanos"..., pero en certa medida é lóxico, a comunidade internacional non está gobernada por políticos senón polo capital transnacional que so ve o beneficio a curto prazo.

O peor é que están a alimentar a un hipotético futuro mónstruo imperialista, e cando se dean de conta pode ser demasiado tarde.

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

Supoño que non fai falla dicir que concordo con todo o que dicides. A mágoa é que artigos coma os vosos non teñan difusión nos medios, que se dedican máis a desinformar cá informar.

#2

Tal como di o título do noso blog, "o falar non ten cancelas" isto é o bo que temos de momento na rede que aínda podemos opinar libremente, pero non sei canto durará.

#3

Pois moitas grazas polas loubanzas Lu. En canto ós medios non se pode dicir nada máis que dan noxo. Son o que son, empresas ó servizo do gran capital, así que supoño que non se pode esperar outra cousa deles. A esperanza está na rede. Por certo Zero vacas colgou este días un post nesa liña.

Un saúdo.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>