
X era un neno ao que nunca lle dixeron non. Dende pequerrecho sempre lle consentiron todo. O seus pais entendían que a educación debía ser o máis permisiva posíbel, para non coartar a súa potencialidade coma ser humano.
Que X quería iso, pois iso, que X quería aquel outro, pois aquel outro. Que X cuspe ou roe ao seu curmán. Pois lle rimos a graza. Que lle pega a todos os compañeiros da gardería, pois non pasa nada.
E así foi medrando X, sen ningunha frustración. Xa que dende pequerrechiño, non se tomaba ningunha decisión sen o consentimento de X. Na casa mercouse o ordenador que el quixo, a tele que el quixo, vistiu coma el quixo sempre, incluso cando chegou á adolescencia colaboraba na toma de decisións familiares dos seus proxenitores tanto a nivel familiar como de persoal da empresa familiar.
Ata se acostumaron ás saídas de ton cando non conseguía todo o que quería, porque a pesares de ter cartos e ser consentido, ás veces a vida é caprichosa e non nolo quer conceder todo.
Non entenderon, porque aquel profesor o expulsara cando se negou a apagar o móbil para entrar na clase.
Un día tivo moza, unha rapariga moi bonitiña, pero libre. Ao primeiro todo foi unha preciosa historia de namorados, como todas as historias cando dúas persoas se entregan ao amor.
Ata que un día a moza criu oportuno que esa historia debía rematar, e empezou a distanciarse de X, el percatouse que as cousas non ían tan ben coma sempre e perguntoulle se lle seguía a querer, ao que ela contestou NON.
Non daban crédito á noticia do xornal, non podía ser que o seu marabilloso fillo agredise esa rapaza cunha navalla, non pode ser, non poder ser! "este non pode ser o noso fillo".
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(7) »
convidas a facer unha reflexión moi necesaria sobre a violencia contra as mulleres.
Paréceme moi orixinal a perspectiva, quizais o gran número de persoas que non aceptan un non deberían ter tido familias que as ensinasen desde un principio a que non todo pode ser como un quere. Parabéns polo post.
Hei de dicir que cheguei a este blog por medio de A Randeeira, e quero felicitarche polo blog, e en especial por este derradeiro post que escribiches.
Ogallá algún día muden as cousas e o que agora quere ser costume deixe de ser, canto menos, unha nova nos xornais de cada día.
Saúdos
Benvido ó noso blog Alfredinho :)
Se non se duca a un fillo a saber o que "vale un peine", mala carreira.
No meu entorno observo que moitos pais tratan de educar ós nenos de xeito tan permisivo que ó final o que fan é abdicar das súas funcións de educadores. Non é que defenda a sumisión ou unha obediencia cega pero moitos nenos medran sen aprender unhas normas básicas de conducta ou a respectar ós dereitos dos demais e logo produce estupor que pensen que todo canto desexan está á súa disposición.
O que está claro é que a educación dende pequeno é a base fundamental dunha persoa, e eso, por desgracia, cada día se "leva" menos.
Ben se ve por aí diante cando pasas por diante dos institutos a "macarrería" que hai. Visto eso... ¿como podemos agardar que cando son maiores lle teñan respecto a nada ou a ninguén?
Deixar un Comentario