Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Graxa hidroxenada

ofalarnontencancelas @ 11:22 Tags:

 torrada.jpg

Agora que existe a cruzada da ministra Salgado en contra da obesidade, quixeramos compartir con todos vos a nosa cruzada persoal en contra da graxa hidroxenada ou parcialmente hidroxenada. 

A verdade é que non se fai moito fincapé nos perxuízos deste produto en ningunha campaña neste estado. Cando noutros coma Dinamarca obrigan a que os fabricantes especifiquen no seu etiquetado se os produtos están ceibes dela.

Dita graxa é nefasta para as arterias, xa que as vai "cementando" ata que se taponan, producindo posíbeis consecuencias como infartos ao corazón, ictus... a industria alimentaria emprega este tipo de graxas porque resultan baratas e axudan a conservar os alimentos, ademáis as graxas vexetais gozan de moita máis popularidade entre os consumidores que as de orixe animal.

Esta graxa a podedes atopar en multitude de produtos: case todas as marcas de galletas,xelados, toda clase de bollería, algunas chocolatinas, algúns pans de sandwich, margarinas, todo tipo de cremas como a nocilla...calquera produto deste tipo que non conteña manteiga é case seguro que levará graxa hidroxenada, incluso aqueles que fachendean de ser "beneficiosos para o colesterol".

Por iso é importante que leades o etiquetado antes de consumir calquera produto, e evitedes  os que a levan.

Sempre é mellor consumir grasa animal, con moderación, que aceites vexetais total ou parcialmente hidroxenados.

Posto por MacLapfer e Fror de toxo

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(4) »

#1

O mundo da alimentación debe estar en mans dunha mafia moi poderosa

#2

Pois moitas grazas pola información, non tiña nin idea do tema este da graxa hidroxenada. Saúdos aos tres.

#3
Fror de toxo

Un saúdo X. Hoxe estiven varias veces no teu blog intentando deixar un comentario pero non hai forma, non sei porqué.

#4

Pois non están as cousas como para andar perdendo comentaristas así como así. Grazas por visitalo e intentalo :)

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>