Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A lista de Nestor Rego

ofalarnontencancelas 01-03-2007 GTM 1 @ 17:05 Tags:

 

 regoci_39466.jpg

Non teño nada contra Rego, paréceme que foi un compañeiro de organización que fixo un traballo bastante digno nestes catro anos na xestión das áreas que lle correspondían. E tamén penso, dun xeito diferente, Portas tamén aportou moito á coalición de goberno dende a súa área de xestión.

Rego e Portas, á marxe das súas diferenzas ideolóxicas, representan dous xeitos moi diferentes de facer política. Rego é máis un home de xestión de despacho, e Portas é un político máis de corte "populista", un relacións públicas (de feito sacoulle moita rendibilidade política a este aspecto).

Pero á marxe dos protagonismos persoais, do cal non falta no BNG, aquí temos outro problema de fondo. A mala xestión das listas, a excesiva presencia da UPG, cando a nosa asemblea local amosa continuamente a súa pluralidade, e no momento tan delicado no que se atopa a organización na actualidade non podemos actuar dándolle o lombo á pluralidade.

Parte da militancia estamos moi "quentes" dende que os da UPG e os QUINTANISTAS nos quitaron o dereito á democracia participativa na última asemblea nacional, e non imos aturar que nos impoñan nada máis.

Persoalmente non me sinto identificado con ningún grupo da organización, non simpatizo nin con alternativa, nin con irmandiño, nin coa base, son un "independente" dos de verdade, pero estou moi quente coas actitudes que existen na organización dende que "cogobernamos" (actitudes como vaidades, pelotazos, aires de grandeza, maquiavelismo e populismo no nome do pragmatismo político...).

Finalmente, creo que temos que recuperar o norte, saber quen somos, xestionar e deixar participar de xeito democrático sen a obsesión do poder.

 

Posto por MacLapfer

Comentarios(3) »

  1. abobriga

    interesante blog. un saúdo.

    12-03-2007 - 18:13:26 GMT 1

  2. Joam ferreiroas —

    Totalmente de acordo co que dis. Como militante tamen vexo con preocupacion o que describes no post. E a estas alturas esa percepcion esta calando na cidadania, na xente que pode ver no bng unha alternativa pero non gosta de moitos espectaculos dos que estamos vendo: cainismo, quintanismo, as purgas da UPG no caso de vigo. Hai que reconducir isto. Un saúdo

    19-03-2007 - 11:10:31 GMT 1

  3. MacLapfer

    Eu tamén creo que se debe reconducir a situación antes de que sexa demasiado tarde, e morramos de éxito sen acadalo.

    19-03-2007 - 16:09:42 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>