
Hoxe quero facer unha crítica en positivo respecto á xestión de Vicepresidencia. Oín na radio que sa vai a construír un centro integral de rehabilitación para minusválidos en Santiago, que serva de referencia para toda Galiza, o cal me parece fabuloso, pero o que aínda me gustou máis da nova é que van viaxar a Suecia para ver como funciona un centro de referencia no país escandinavo. A miña en hora boa, por aprender dos que saben, iso é unha boa virtude.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
Estase a traballar moito en Igualdade pero, por experiencia, dígoche que aínda queda moito por camiñar para acadar niveis similares os de Euskadi, cando menos no eido da discapacidade intelectual
Por suposto, aquí non é que quede moito por andar, é que queda todo porque non hai nada. O que pasa que me parece positivo que se mire aos países máis desenvolvidos en materia de política social para intentar facer algo decente.
Deixar un Comentario