Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Os ex presidentes

ofalarnontencancelas @ 09:07 Tags:

Moito se está a falar do estatus novo que se lle quer dar aos ex presidentes da xunta nun consello,seica para utilizar a súa "sabiduría" en futuras tomas de decisións, unha especie de comité de sabios vamos. Incluso falouse de se podía ser un cargo vitalicio cunha boa paga mensual, chofer, coche oficial e outra serie de vantaxes....
Nos tempos onde a toda unha xeración lle custa enormes esforzos xuntar anos de cotización para ter garantida unha pensión miserábel o día de mañá intentando fuxir da pantasma da pensión non contributiva, aquí falamos duns señores que polo mero feito de ocupar un cargo público (presidente da Xunta)non lles falte de nada de por vida a cargo dos orzamentos de todos e todas as galegas, presidentes que incluso ao longo do seu mandanto máis que gobernar nos desgobernaron ou nos desgobernan.
Xa sei, xa sei!!!! isto é demagoxia. Xa o sei, pero son os meus cartos. E coido que é suficiente co goberno escollido polo pobo nas urnas cada catro anos para velar polas intereses da nosa nación.

POR ISO DIGO NO MEU NOME NON!!

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

#1

Cando se xoga cos cartos dos currantes. Cando se guinda cos cartos do erario público, coido que non é demagoxia.

#2

Non meu nome, nin de coña

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>