Estes días a candidata socialista a presidencia da república francesa tivo que facer un adianto do programa electoral para recuperar posicións nas enquisas respecto ao seu contrincante conservador. Dito programa contiña cen propostas de marcado carácter social. Non cabe dúbida que Ségolène quer captar o voto da xente da esquerda que non é do Partido Socialista, xa que na Franza o abano da esquerda é moi amplo. Quer que lle presten o voto, como fixeron no Estado Español con Zapatero, que por certo nalgúns puntos saíulles o tiro pola culata, pero isto é outra historia. Esperemos que se Segoléne chegua a presidenta da République, cousa que penso é pouco probábel, cumpra cos cen puntos do programa .
A verdade é que estamos un pouco cansos a xente demócrata e de esquerdas de oír boas verbas sobor de políticas sociais, e cando chegan ao poder todo se volve en ser pragmáticos. A esquerda ten que gobernar con valentía, ben claro quedou que as tendencias do mal chamado novo socialismo, ou socialismo liberal, ou terceira vía, ou novo laborismo resultaron ser unha fraude rotunda ao favor do status quo e do capital transnacional. Para facer política desta índole xa temos aos partidos reformistas de corte liberal ou democristianos non necesitamos mais.
A esquerda ten que defender o intervencionismo de estado para previr e evitar as desigualdades sociais, para que toda a cidadanía teña os mesmos dereitos en canto a sanidade, servizos sociais e educación. Un goberno de esquerdas, ademáis ten que facer que ditos dereitos sexan universais, e non froitos da caridade e boa vontade da cidadanía ou dun grupo relixioso. Evidentemente un goberno de esquerdas debe garantir o cumprimento destes dereitos a través duns bos orzamentos conseguidos pola presión fiscal cara aos que mais teñen (subir os impostos, si señores subir os impostos).
Isto é o que ten que facer un goberno de esquerdas, calquera outra política é calquera outra cousa, pero non é de esquerdas.
Solto todo este rollo porque hai moita xente por alí, que di que é de esquerdas, pero so o son co corazón, xa que coa carteira seguen a ser de dereitas.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
Estou dacordo con todo o que dis. Un analise moi correcto.
.... moita xente que se autoproclama de esquerda está máis próxima á dereita rancia que o socialismo.
Deixar un Comentario