
Non deixan de abrairme as xente do PP coa súa dobre vara de medir, e como non ía ser menos, no ámbito da xustiza tamén. Como se pode ter tanta cara de acusar aos do PSOE de manipular a xustiza se quen están a manipulala ao seu antollo son eles, xa que se un membro do constitucional fai un informe para a Generalitat de Pujol non pode votar no tema do estatuto, pero se un membro foi senador do PP non pasa nada.
Esta Democracia corre un serio perigo, nunca estivo o poder xudicial tan politizado e parcializado, e so desexo que exista certa madurez política e democrática na cidadanía para que non gañen os conservadores nas próximas xerais do 2008, porque se isto ocorre diría ben pouco ao favor , porque sentiría que vivo redeado de ignorantes ou o que é peor de fascistas .
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(4) »
Amén :)
A xustiza neste país é un cachondeo. Xa fai uns anos que un alcalde dixo o mesmo. coido que foi o de Xerez, e por pouco o meten na cadea. Estes humanos se cren que está por ribo do humano e do divino.
Os xuíces tiñan que ser elixidos polo pobo na súa representacíón dos Colexios de Avogados, e o que sexa un crápula aos catro anos a puta rúa, que carallo é iso de ser funcionarios ata que sexan puros ancianos, como aquel de nome Fungueiriño que ata ía nunha sela de rodas. Se un está tolo é fai cousas xurídicas que non teñen nada que ver coa realidade, leña al mono, a la puta rúa. Levamos culturalmente centos de anos facendo o Entroido en Tenerife e ven un elemento sicodelico da xustiza e di que non sepode facer na rúa os ensaios coa repercusión que ten a nivel mundial , pero isto que é. O divino xa pasou á historia. Tamén Franco era gobernante pola gracia de Deus. Manda Carallo na Havana. Estes elementos que sexan elixidos polo pobo. o demais son flautas tocando no etereo.
Se eu me trabuco na miña profesión, que por certo é moi complicada xa que teño unha responsabilidade no mar de salvamento e outras cousas, vou a puta rúa e quizais me forme un xuízo por neglixencia. Pero estes tíos cometen un erro grave, Iñocentes na cadea, erro garrafal nunha sentencia, e non teñen ningunha responsabilidade, esto si que ten collóns, os demais a purgalas e estes como están por riba do humano e do divino, os fixemos como seres doutro mundo pois fan o que lles sae do carallo. Falando claro e moi conciso.
No caso do PP en vez de dobre é triplo, cando menos.
Deixar un Comentario