
Como ben sabedes e como ben era sabido non se puxeron dacordo para termos un novo estatuto. Na miña opinión Galiza sae perdendo, pero para ter un estatuto á baixa o mellor é esperar tempos mellores, Galiza sempre a espera. Tempos onde o parlamento decida denominar a Galiza o que é: unha nación. Cando os dous tercios dos parlamentarios do hórreo así o crean. Cando @s galeg@s así o crean.
Non sei cando será iso, pero veume á memoria cando estudaba na universidade e militaba nos CAF, un día escribín unha poesía que so tiña unha frase e que dicía "Non tiña patria e inventeime unha, chámase Galiza". Nunca esquecerei a reación visceral que tiven por parte dos meus compañeiros, a verdade que eran tan dogmáticos que non entenderon o que quixen dicer. Espero, e espero que o meu fillo polo menos non teña que repetir a miña frase.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(5) »
O que ía acontecer no monte Piolín era sabido. A única esperanza que tiña de que se aceptara o termo nazón era que Feijoo chegase bébedo (un pouco máis do habitual). Os políticos nefastos que nos representan queren poñernos a altura estatuaria de Ceuta ou de Melilla, pois vale, é o que merecemos por borregos e seguidores de falsarios que nos tolean a cabeza con embustes.
Estou cabreado, perdón.
Fixestes un tuning guai no blog
Cando un porcentaxe grande de galegos teña a conciencia de ser galego, entón si que se pode falar, mellor esixir, o que por historia nos pertence.
Mirade ao voso arredor, oide o que din na rúa, nos bares, o personal galego de todo isto. é para ir ao "cortello e matalas todas". Como pra renegar é marcharse para a Lúa.Así nos vai e nos irá. Xa o decía moi ben Castelao.
Eu penso o mesmo, este pobo non ten a menor intención de postularse como o que é, e nin sequera lamenta a oportunidade perdida. Coma sempre perdemos o tren, agora só nos queda esperar que algo cambie na sociedade galega antes de que chegue a próxima oportunidade.
Graciñas pola observación Randeeira, o novo aspecto do blogue conseguímolo despois da ardua tarefa de ir ó apartado administra o teu blogue e unha vez alí facer click nun modelo de plantilla diferente. Gustaríanos introducir algún cambio máis pero de momento quedará así grazas ós nosos amplísimos coñecemos informáticos.
Pois eu creo que a súa poesía segue sendo de moitísima utilidade para moitos de nós.
Deixar un Comentario