Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

SERGAS II

ofalarnontencancelas @ 13:36 Tags:

sergas.jpg

Xa comentara no seu día o mal que ía o sergas dende que está nas mans do PSOE, e pensaba non falar mais sobor do tema, pero as declaracións da señora conselleira me poñen de bastante mal humor a verdade, agora parece ser que a saturación das urxencias son culpa dos usuarios que empachados polo nadal acuden masivamente ao servizo.
Señora Conselleira quero dicirlle que ir ao servizo de urxencias non serve de moito, porque tes que estar morrendo para que te miren axeitadamente. O único que che fan no servizo despois de esperar unhas cantas horas no mellor dos casos é unha analítica ou unha placa, que che fagan unha ecografía xa é unha lotería. Así que non creo que ir a urxencias por unha miudenza serva de moito.
Ademáis quero advirtirvos do novo protocolo do sergas en canto as citas. Agora non hai máximo risco, todos temos que esperar entre 6 e 8 meses para poder ir a consulta a un especilista incluso para ver os resultados dunhas probas diagnósticas de alto risco, iso si se queres que te chamen antes tes que redactar a túa queixa á atención ao cliente para que che adianten a cita. Que o saibades, por se vos pasa. O que non sei é que farán cando se saturen as queixas. PATÉTICO.
Para facer isto coa sanidade non necesitamos O CAMBIO a verdade, porque isto vai de mal a peor.

Posto por MacLapfer e Fror de toxo

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(4) »

#1

Aínda que me chames anticuado ou "vas pola vella". Sempre dixen que coa saúde dos cidadáns deste país ou de calquera non se debe xogar a canto tes tando vales.
A saúde dun pobo tiña que ser "socializada" en todo o seu conxunto. Canto máis presione as corporacións privadas da medicina solapadamente, máis precaria será a pública e a iso xogan tanto o PP (máis) como o PSOE cando gobernan. O choque de intereses entre a privada é a pública é moi forte sendo o cidadán de a pé o que menos se entera destes intereses. A maioría que padecemos os problemas na pública non se dan conta deste xogo. Cando estaba o PP gobernado era moito más doado darse conta que íamos a unha destrución paseniño da sanidade pública en beneficio da privada, o intentaron facendo Fundacións nos hospitais. Querian unha sanidade ao estilo de EEUU, ou sexa os pobres, clase media baixa e clase media alta, a pagar o que poida e se non listo para a "cova".

#2

Os políticos dun signo ou de outro non son quen de romper os estreitos lazos que xuntan ás profesións corporativas que abusan do poder que teñen sobre os cidadáns.

#3

Concordo totalmente coa tua análise. Engadiría: a sanidade funciona estupendamente sempre e cando non esteas enfermo, nin ninguén da túa familia estea enfermo. Cando sucede empezas a darte conta de falla en temas básicos como a atención e a información ao paciente e aos familiares e tes que recordarlle de cando en vez ao médico-especilista que o seu soldo o estás pagando tí e que tes dereito a mesma atención, amabilidae, información, que da polas tardes na consulta privada. Malas caras, alta aos poucos días e reingreso por urxencias despois de agardar seis horas para que che vexa un especialista (non falo dun ingreso nestes días de saturación senón no mes de setembro cando non se falaba do tema).
Unha vergoña. Eu tampouco votei cambio para isto....

#4
veronica gonzalez

Estou moi indignada,pois en decembro tiña unh cita co traumatólogo,no centro da doblada en vigo(pontevedra),por unha doenza que levo sufrindo fai tempo nas cervicales.Este problema non me deixa realizar a miña vida con normalidade,dificultame moitisimo o meu traballo(perruqueira)incluso tiven que estar duas veces de baixa e indo a rehabilitación pola mutua.Ben,pois o sñor doutor(vivas)nin sequera me fixo unha simple exploración.Dixome que si me doia tiñame que aguantar,que iso era debido o meu posto de traballo,que seguise tomando os antiinflamatoris e calmantes(que xa levaba meses tomando,e que ninsequera lle dixen o nome)e deume unha tabla de exercicios que xa estou farta de facela.ASI SIGO EU CO MESMO PROBLEMA,O MEU MÉDICO DE CABECEIRA DIXO QUE NON PODÍA TOMAR DURANTE TANTO TEMPO O MEDICAMENTO,PERO SEGUN O TRAUMATOLOGO É O UNICO QUE PODO FACER.Puxen unha reclamación ese mesmo día,pero non tiven ningunha noticia,e sigo co mesmo problema.ISTO E INDIGNANTE

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>