Vai ser esta a fin da esperanza, non o sei. De todos os xeitos pase o que pase, o goberno fixo o que tiña que facer apostar pola paz. Cecais houbo falta de valentía tanto na equipa de ZP como nos da banda de ETA, valentía para ceder, valentía para aceptar que non so podemos esperar que avance o que está á nosa fronte.
Uns tiñan que ter a valentía para condenar dunha vez por todas o que nunca é xustificábel, a violencia, outros tiñan que ter a valentía de aceptar o que decidan os vascos nun hipotético futuro.
Gustaríame pensar que isto é unha banda de incontrolábeis de ETA, gustaríame como no caso do proceso de paz na Irlanda, cando houbo o atentado do IRA AUTÉNTICO, fora máis forte a vontade de paz e que o proceso seguise, pero non vai ser doado que se cumpra as miñas esperanzas.
A súa vez seguirei quitando o volume cando falen os do PP no televexo porque xa me imaxino o que estarán a dicir, e de verdade xa estou canso de tanta irresponsabilidade.
Finalmente gustaríame que atopasen ao rapaz que se quedou a durmir no coche no parking e que está desaparecido.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(3) »
Supoño que atentados coma este forman parte dese duro e longo camiño do que falou Zapatero no seu día. Pola súa intervención imaxino que isto non será o fin da negociación, creo que non nos podemos permitir o luxo de tirar todo ao lixo para volver a enfrontamentos armados que a ninguén benefician.
Saúdos e feliz ano para os tres.
Totalmente de acordo. Hai que seguir intentando a paz a pesares de que uns cantos incontrolados de ETA e os túzaros do PP poñan pedras no camiño.
Irresponsabilidade é a verba axeitada para aplicar a varios políticos populares que están a celebrar a noticia con cava (que non sexa catalán) e que saben que teñen parte de culpa de que este proceso de paz tan necesario non chegase a bo porto.
Deixar un Comentario