O papel dos sindicatos
ofalarnontencancelas @ 18:17 Tags: sindicatos
Non me gusta o modelo do sindicalismo do Estado Español, viven subvencionados do estado e nunca roen a man que lles da de comer evidentemente. So atenden pouco e mal aos traballadores das grandes empresas e aos funcionarios.
Creo que o modelo debería estar enfocado doutro xeito para que isto non sexa así, como en moitos países de Europa.
En primeiro lugar sindicalizarse debería ser obrigatorio. Así evitaríamos que os sindicatos se visen atados á hora de defender as intereses dos seus afiliados, que por certo serían os seus clientes aos que teñen que “mimar” se non queren que se lles vaian para a competencia, mimar no senso de defendelos, independentemente do lugar onde traballen (pequeno comercio, peme...que en definitiva é o groso do tecido económico do noso país). Naturalmente o estado estaría para garantir a pluralidade sindical, no senso de que existan sindicatos de todas as cores políticas e tamén garantir un sindicato sen ideoloxía para os que non queren militar nun sindicato ideolóxico.
De todos os xeitos eu iría mais alá, creo que os sindicatos deben transformarse incluso en mutuas que xestionen a seguridade social dos seus afiliados, xa que nun estado verdadeiramente democrático (como é no caso dalgúns países europeos) deberían colaborar todos os axentes sociais na xestión do teu seguro médico e de accidentes de traballo e non só as mútuas patronais.
En definitiva que todos os traballadores esteamos representados e defendidos axeitadamente diante das anomalías do mercado laboral, por uns representantes sindicais que non se preocupen polas subvencións dos cursos de formación entre outras, se non que se preocupen por manter o seu número de afiliados para sobrevivir.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario