Consumo responsábel
ofalarnontencancelas @ 13:01 Tags: consumo
Nestas datas onde todos gastan mais do que poden, nunca tan pouco tivo a xente e nunca tanto gastou, fago a seguinte reflexión. Debemos consumir con responsabilidade, xunto co comercio xusto deberíamos seguir dende o meu modesto punto de vista as seguintes indicacións, por mera supervivencia:
- Consume todo o que podas da túa leira.
- Se non é suficiente, consume o que se produza na túa vila ou cidade.
- Se non atopas todo o que queres na túa vila, consume o que se produza na Galiza.
- Se na Galiza non atopas todo o que necesitas, que sexa producido na península ibérica.
- Se aínda non atopas o que queres na península búscao na UE, e se pode ser nos países onde as condicións laborais sexan máis ou menos dignas (Bélxica, Alemaña,Holanda, Franza, Suecia, Noruega, Dinamarca, Austria...)
- Se aínda non atopas o que queres producido nestes países podes mercalo nos producidos noutros continentes en países onde as condicións laborais sexan mais ou menos dignas ( Nova Zelanda, Quebec...)
Inténtao, sei que non é doado, e moitas veces terás que pagar unha plus valía por facelo. Grazas a ilo podes retrasar os efectos da globalización, se non o fas os teus fillos vivirán peor. Tende en conta unha cousa, é a globalización da miseria non a dos dereitos sociais.
Hai moitos estudos en EE.UU. aínda que non se publiquen, que falan do deterioro da clase media, nos anos cincuenta un enxeñeiro podía manter a toda a familiar sen que a súa parella tivese que traballar, posuír unha boa casa (desas típicas que saen nas películas), pero agora dende os anos noventa o fillo dese mesmo enxeñeiro necesita para manter o nivel de vida e con dificultades do seu pai, atopar unha parella que tamén traballe de enxeñeira.
Se seguides a mercar os produtos made in Taiwan, India, Indonesia, Túnez ... que non sexan froito do comercio xusto, sen ton nen son, aquí ou fechan as fábricas ou se reducen os custes laborais, e xa sabedes o que implica isto "baixar as orellas"
Xa sei que haberá moitos que vos dirán que o pouco que lles pagan as empresas alí, para eles é moito e que é mellor iso que nada. A curto prazo é certo, a longo non. Por que, que eu saiba coser con catorce anos un balón durante doce horas diarias non me parece que sexa digamos nin próspero nin moi saudábel. E ollo as empresas non van alí para erradicar a pobreza, van para reducir custes e gañar en bolsa o ano seguinte un dez porcento mais porque estaba nas súas previsións. Iso do medre sostíbel o teñen aínda moi verde.
Se todos fixeramos un consumo responsábel,obrigaríamos a facer outro tipo de globalización, unha globalización dos dereitos humanos e sociais, unha globalización da dignidade.
Bo Nadal e Bo consumo.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
Esto que estás a dicir é unha verdade como un templo. Coido que é unha loita contra a globalización do capitalismo salvaxe (neoliberalismo guerreiro)
Deixar un Comentario