Conversas no traballo
ofalarnontencancelas @ 13:22 Tags: galego
- Yo lo siento no hablo gallego, porque aunque soy de la provincia de Lugo, yo no soy capaz de hablarlo. Además cada vez que lo intento lo hago fatal y para hacer el ridículo prefiero hablar en Español.
- Pois eu nunca tiven dificultade e iso que me criei no estranxeiro e vin na adolescencia para Galiza sen saber unha verba de galego.
- Ya bueno, pero tus padres son gallegos non?
- Si, a miña nai o é si, por que?
- Pues eso por eso no tuviste dificultad.
Ou sexa para a protagonista desta historia que se criou na Galiza e ten dous proxenitores galegos, é xustificábel que non fale galego. Pero a súa vez parécelle o mais lóxico que o outro protagonista si o saiba por ter un dos proxenitores galegos aínda que se criara noutra lingua.
Este país non deixa de abraiarme.
Posto por Mac Lapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(4) »
A pega desta anecdota é que, con variantes, é máis corrente do que pensamos os galego falantes.
"...para hacer el ridículo prefiero hablar en español"
E a cantidade de veces que fan o ridículo falando en español?, parece que o español pode ser maltratado impunente, pero o galego, iso é outra cousa, ou se fala como o mellor dos académicos ou nada.
si, neste caso imos ter que defender ós académicos da lingua castelán que`non lles importa cos pijos fagan o ridículo empregando outro idioma que tamén descoñecen. A ver si empregando a linguaxe de signos ... en español por suposto, en galego non existe porque aínda non se enteraron en Política Lingüística que os discursos traducense ó castelan por medio da língua dos xordomudos.
...en fin, Bo Nadal.
Para tí randeeira e para todos os que pasen por aquí, boas festas.
Deixar un Comentario