Hai uns días recomendábamos a exposición Memorial da liberdade, no auditorio de Galiza, velaquí tendes unha das fotos que máis me impresionou. Recoñezo que non é impactante sen embargo eu non paro de darlle voltas á cabeza dende que a vín.
Os homes da foto son membros da falanxe que posan orgullosos cun par de vacas "requisadas", cousa que a mín non deixa de abriarme.
Igual é que nos días inmediatos ó alzamento a falanxe, a falanxe daqueles tempos, con José Antonio como o seu máximo representante ideolóxico, se lanzou á nacionalización de recursos como se fosen os máis radicais bolcheviques, e igual decidiron empezar non pola industria ou o gran capital, nin sequera polos latifundios (que sabido era, en Galiza non había), as quintas ou os pazos dos fidalgos vidos a menos, non, dicidiron comezar confiscando o pilar básico que sustentaba toda a economía das familias labregas: o gando.
Ou tamén pode ser que os autores do delito foran as propias vacas, que para iso estaban presas, vai ti saber de que delito eran culpábeis, pode que fosen comunistas, ou anarquistas, ou republicanas, calquera se fía...
Ou igual simplemente os falanxistas trataran de aproveitarse da nova situación.
Aproveito para volver a recomendar a exposición, a data do anterior posto estaba equivocada, permanecerá aberta ata finais de Xaneiro.
Posto por Fror de toxo

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
As vacas eran elementos perigosos e podían usarse militarmente como vaca-bomba.
O máis fodido da foto é a cara noxenta con que se psan orgullosos para a foto.
Si, podían facer das leiras un lugar inseguro. Non hai máis que mirar á vaca escura, ainda presa e todo está desafiante, non coma a outra, miña pobre, ben se ve o arrepentida que está de deixarse enliar polos roxos.
Deixar un Comentario