
Aínda que non o creades hai xente que non pode calar sen perxudicarse, sempre teñen que dicir o que pensan, aínda sabendo que non é politicamente correcto. Se ven algo que non lles parece xusto, correcto, ético... como debe ser, sáltalles un resorte e teñen que protestar, amosar a súa disconformidade... isto ten un alto custe para eles, teñen perdido empregos, amizades... E moitas veces pensan que deberían cambiar, facer a vista gorda, mirar para outro lado, porque o único que consiguen con iso e perxudicarse eles, tendo que oír comentarios coma, xa sabemos que non é ético, pero ou o fas ou te vas, eres un utópico, a ver se vas madurando, todos o fan se ti non o fas vaino facer outro, ti non podes cambiar o mundo, non ves que agora tes familia e hai que ser responsábel...
Só quero transmitirlle a toda esa xente con autonomía moral, por certo ben pouco valorada , a miña solidariedade e apoio. Que non se rendan, que non tiren a toalla, eles son a esperanza da humanidade.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario