Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Coa igrexa topamos!

ofalarnontencancelas @ 10:32 Tags:

cruz.jpg

Un goberno "socialista" unha vez máis retrocede diante da igrexa. Seguiremos coa materia de relixión nas escolas públicas, ademáis o que é peor de todo abrimos a posibilidade de que en ditas escolas do estado se impartan no futuro máis relixións como a musulmana, e é lóxico, se os católicos teñen dereito a empregar os orzamentos públicos ao seu capricho para impartir o seu dogma de fe, porque non o ían facer os musulmans, colectivo que será cada vez mais numeroso nun breve espazo de tempo.

Quixéramos engadir que é patético ver a moitos católicos ouvear en contra das repúblicas islámicas, cando eles se negan a separar relixión de estado. Para nós non hai diferenza, son iguais de fundamentalistas.

Ademáis, o peor de todo e ver como o goberno do estado español que se di "progresista" claudica diante da igrexa e renuncia a facer do estado, un estado moderno e laico.
As relixións débense impartir cada unha no seu templo correspondente (igrexa, sinagoga, mezquita...). Un estado moderno e democrático non está para contribuír á doutrina de ningunha fe.

Por último o que é xa o colmo e oír aos representantes da igrexa católica chamarlle doutrina aos contidos da futura materia de educación para a cidadanía, doutrina á transmisión de valores democráticos, tolerancia e civismo.

Iso, non vaia a ser que as ovellas esperten!.

Posto por MacLapfer, Trasno e Fror de Toxo.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

#1

Pois si, co tema da Igrexa imos de baixada en baixada de pantalóns, e eles facéndose as víctimas.

#2

Os católicos son máis integristas ca xudeus e musulmáns. Un exemplo, estes aprenden nos seus libros sagrados, os católicos non estuden a Biblia senon que aprenden a relixión no Catecismo ,un libro que aproba o Vaticano e que manipula descaradamente o contido do libro sagrado cristián. Fixadevos en algo tan básico como os famosos 10 mandamentos que non coinciden na Biblia e no Catecismo (e iso que eran so 10). Vaticano é sinónimo de manipulación.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>