
Perdoade a miña insistencia con este tema, pero é que estou a ler cousas nalgún medio que me están a cabrear bastante.
Agora parece ser que hai que xustificar a retirada da democracia participativa no BNG dicindo que existen moitos militantes que non participan nas asembleas locais e comarcais e que logo van só a nacional a votar e amosar o seu descontento.
É certo que existen moitos militantes que non participan nas asembleas locais e comarcais, uns porque non queren (desencanto, apatía...) outros porque non poden (horarios,traballo... ao mellor moitos dirixentes do BNG non se percataron que moitos dos seus militantes non son funcionarios). E outros coma é o meu caso por ambos motivos.
Pero aínda así temos dereito a opinar cando e onde nos pete, basta xa de criminalizar as bases militantes non estamos só para pagar a cota e as aportacións extraordinarias para que logo outro opine, fale e vote por nós. Quero facelo eu,aínda que so sexa unha vez cada asemblea nacional. Quero ter ese dereito que me quitaron nese suicidio asemblear. No meu nome non, debemos traballar para recuperar a democracia compañeiras e compañeiros.
Aínda quedan as asembleas comarcais e locais para que aumente a presenza dos que cremos na democracia no consello nacional.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario