Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

ASEMBLEA BNG

ofalarnontencancelas @ 16:20 Tags:

as.jpg

Que podo dicer da asemblea que non se dixera xa, as veces falamos de máis incluído servidor, pero para isto teño o blogue que teño. O falar non ten cancelas.
Unha vez dito isto, quero dicer que por unha banda estou triste e decepcionado por ver que un sesenta por cento da militancia votou unha redución da democracia participativa, votou a destrución dos valores fundacionais da organización, en definitiva votaron "menos BNG".
Pero como ben sabedes as cousas son como se queren ver, o vaso medio cheo ou medio baleiro. Acto seguido tamén pensei, tamén houbo un corenta porcento dos militantes que votaron que non a esa reforma organizativa, un corenta porcento que non se deixou influír pola presión do grupo liderado polo poder, e tivo a autonomía moral suficiente para votar que non, e ser fiel aos valores asemblearios do BNG.
A esperanza está alí, non nos enganemos nese corenta porcento que animo a que loite dende hoxe mesmo para recuperar o BNG, recuperar os valores da democracia participativa. E o meu soño é que na próxima asemblea nacional a "vangarda" do pobo, "la créme de la crème", a élite... recapacite, corrixa este erro e deixe de estar instalada na premisa de "todo polo pobo, pero sen o pobo", de non ser así haberá que suscitarse encomezar de novo dende cero.

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

Toda a miña vida votei ó BNG, a miña muller vota ó BNG, o meu fillo maior (paradiso105.blogspot) non ten idade para votar pero é seguidor de Galiza Nova ... e o BNG estanos a defraudar porque non da atopado o seu sitio na nazón, Tamén é verdade que as vellas glorias non deixan facer moita cousa e o novo poder anda algo despistado. Só agardo que o apoio que se da ó PSOE non pase factura electoral.
... e da Asemblea estou de acordo con cambiar a hora ... e iso que vivo na fronteira astur.

#2

Eu fun parte dese corenta por cento, co que non podo deixar de concordar en que temos que mudar este despropósito. Sen embargo, coido que o BNG pechou nesta Asamblea unha etapa, e dame que foi para sempre. Antes índa se molestaban en finxir que contaban coa militancia, pero agora nin iso; estamos no tempo dos burócratas. Esperemos a ver coma se desenrrolan os acontecementos, pero eu non son moi optimista. Saúdos

#3

Se non mudan creo que os demócratas debemos optar por empezar de novo noutra fronte. Decepcionaríame moito que os de alternativa, encontro, e movemento pola base acepten pasivamente que non pode haber xa volta atrás.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>