Presentación do trasno
ofalarnontencancelas @ 19:41
Había algún tempo que non aparecía por aquí. Son Trasno.
Este xoves fun co cole a ver a película "salvaxe", a min a peli non me gustou moito porque era moi parecida a Madagascar, que dende a miña opinión era moito mellor. Nembargantes cando me preguntaron se me gustaba, encollinme de ombreiros e non dixen nada.
posto por Trasno.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(3) »
Desde o outro día me ten intrigada por que non dixeches nada cando che preguntaron.
Un saúdo.
Contesto no nome do Trasno porque esta semana anda moi, pero que moi atarefado, eu transmitinlle a túa pregunta e dixo que non resultaba doado levarlle a contraria ó compañeiro que lle preguntou.
Eu sospeito que o feito de expresar a única opinión discordante nun ambiente tan uniforme tamén influiu, parece que o criterio dos adultos poder ser posto en dúbida constamente pero cos compañeiros é outro cantar ;)
Grazas pola transmisión :)
Deixar un Comentario