
Como ben sabedes a primeiros de decembro é a próxima asemblea do BNG. Entre outos temas discutirase o modelo de organizacióN. Unha das propostas é facer do BNG unha organización máis "eficaz", supuño que se dirán cousas como que o asemblearismo ralentiza moito a toma de decisións, e iso non é convinte cando xa se é unha forza de goberno..., e bla bla bla.
Nin que os militantes do BNG deran tanto a lata nas asembleas, se case non vai ninguén, sempre van os mesmos vaídosos aos que lles gusta oírse a si mesmos, unha especie de terapia de grupo na que se unen nunha catarse e discusión ideolóxica no mellor dos casos.
E por riba de todo rematase votando o resultado xa precociñado na cúpula da organización.
Asi que, por que tanto empeño en sacar o asemblearismo, se non dá a lata. Polo menos que non nos quiten o pouco que nos queda da UTOPÍA, na que por desgraza aínda creo.
Tamén quería dicer, que hai algún membro das correntes de A ALTERNATIVA e ENCONTRO IRMANDIÑO que me fan moita graza a velos defender a capa e espada o asemblearismo, porque hai anos eran os que defendían reducilo, cando aínda pensaban dirixir o devenir da organización, dende logo como se pode ter tan pouca vergoña.
Por último, creo que O BNG ten que seguir co espíritu co que foi creado, coa súa forma organizativa orixinal. Iso si sería convinte que o BNG se transformara nunha organización asamblearia de unha muller/home unha voz e un voto.Unha organización da cidadanía galega econacionalista e representativa da esquerda democrática, sen tantos partidos detrais, onde todos sexan o BNG.
posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
Creo que se o BNG perde o caracter asambleario perderá toda a súa esencia. Non podemos permitilo.
Grazas polo teu comentario, e estou totalmente dacordo contigo non o podemos permitir, e espero que na próxima asemblea entre tod@s frustremos esa volta atrais.
Deixar un Comentario