Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A estrada de Santiago a Curtis

ofalarnontencancelas — 24-04-2007 GTM 1 @ 16:39

 clientes_fomento.jpg

Quero denunciar o mal estado no que se atopa o piso da estrada que vai de Compostela ata a autovía Coruña - Lugo, pasando por Curtis. Ben é certo que arranxaron os 20 quilómetros finais dos 65, pero os primeiros son un martirio para os amortigüadores do meu coche.

Aínda que é certo que hai moito animal na estrada, eu seino ben porque ando moito por ela, non é a única causa da alta accidentabilidade do noso país. Non hai máis que botarlle un vistazo a estradas que soportan un alto grao de tráfego, e que seguen a ter un piso polo que temos que andar ou ben a tropezóns ou en zig zag para sortear os baches.

Así que Magdaleniña, xa que non sei se chegarei a ver o "seudoave" ou "galiña choca" polo menos arranxa as nosas estradas.

Posto por MacLapfer

Fundación Secretariado Xitano

ofalarnontencancelas — 18-04-2007 GTM 1 @ 09:12

 

images12.jpg

Últimamente non fai mais que sair na prensa novas sobre esta fundación do estupendísmos que son, e de canto  fan polo colectivo xitano. Quixera facer unha serie de puntualizacións ao respecto desta fundación, a nivel informativo, para que saibades de quen se trata.

 É unha das inumerábeis fundacións vinculada co mundo da igrexa (que raro!), que sobreviven grazas a orzamentos públicos.

 Perceben fondos públicos a nivel europeo, estatal, das distintas comunidades autónomas e a nivel local en toda España.

 Supostamente traballan en dúas areas no ámbito social e no ámbito do emprego co programa ACCEDER para inserción socio laboral do colectivo xitano.

O cumprimento dos seus obxectivos é mais que dubidoso, é máis hai moitas outras asociacións e organizacións políticas xitanas que dubidan da súa boa intención.

Ademais mercan case todos os locais onde realizan as súas actividades, xuntándose cun patrimonio inmobiliario por toda a  península grazas aos cartos públicos que son de todos.

Sábese tamén que xitanos/as con verdadeiros problemas sangrantes foron abandaoados á súa sorte. Iso si, non teñen ningún problema en utilizalos diante dos medios de comunicación (fan recopilación de novas) para seguir a conseguir fondos.

Posto por MacLapfer.

Le petit Sarkozy ataca de novo

ofalarnontencancelas — 12-04-2007 GTM 1 @ 17:05

 

 sarkopen.jpg

Despois de defender a identidade nacional, agora é o máis grande abanderado do determinismo xenético, parece ser que cre que tanto os suicidas como os pederastas o son por unha distribución xenética particular. Como me sona isto a "nacional socialismo", non hai máis que ver como coquetea con Le Pen. Pois debería ter coidado co que di "le petit Sarkozy", xa que é orixinario de Hungría e para máis inri aínda que ben que coida de non decilo nunca e todos os medios de comunicación da dereita tampouco o publicitan, dunha familia xudea.

Non se publicita porque os mesmos que utilizan argumentos "seudodeterministas" para aniquilar todo tipo de razas e pobos, ou defender valores racistas e xenófobos poderían deixar de prestarlle o voto se se enteran da orixe hebrea do "petit Sarkozy"

 

Posto por MacLapfer

Pensa o ladrón que todos son da súa condición

ofalarnontencancelas — 12-04-2007 GTM 1 @ 10:44 Tags:

 

 pp.jpg

 Non teño ningunha interese en defender a Melchor Roel, non é santo da miña devoción, pero a verdade é que os do PP despois de facelo a nivel do estado e de Galiza extenden o seu patetismo a nivel local, intentar afundir ao bipartito de Viveiro por unha hipotética irregularidade nunhas dietas do alcalde de 1200 euros. Cando en Viveiro teñen o alcalde que menos cobra de toda a mariña, e leva anos sen cobrar dietas, por ter un interventor que fai o posíbel para dinamitar as accións de goberno do bipartito.

Teremos que recordar as multitudes de irregularidades do Señor Aja,  creo que pensa o ladrón que todos son da súa condición. Eran mellores os tempos nos que se mercaba marisco coa VISA.

 

Posto por MacLpafer.

Ancares

ofalarnontencancelas — 09-04-2007 GTM 1 @ 10:22 Tags:

Nesta semana santa andivemos a pasear por estas terras, e queremos compartir esta beleza con vós.

 dsc01420.JPG

dsc01421.JPG

dsc01423.JPG

dsc01424.JPG

dsc01426.JPG

dsc01427.JPG

dsc01430.JPG

dsc01436.JPG

dsc01437.JPG

dsc01457.JPG

Posto por Fror de Toxo, Trasno e MacLapfer

Feira do queixo do Cebreiro

ofalarnontencancelas — 08-04-2007 GTM 1 @ 11:48

Para facer país e  boca unhas fotiñas da feira do queixo do Cebreiro.

 dsc01405.JPG

dsc01402.JPG

dsc01407.JPG

dsc01408.JPG

dsc01410.JPG

dsc01412.JPG

dsc01413.JPG

dsc01416.JPG

dsc01417.JPG

A semana da paixón

ofalarnontencancelas — 06-04-2007 GTM 1 @ 12:59 Tags:

 semana-santa.JPG

Coa chegada da semana santa non nos damos librado de toda clase de manifestacións relixiosas , nada envexábeis en  calquera país ferventemente islámico.

E pensar que o de sacar os santos á rúa foi un invento da contrareforma, sobre todo nos países latinos e moi especialmente na península, para asustar ao pobo analfabeto para que non se arrimaran aos seguidores de Lutero.

Igorancia e relixión combinación moi propia do Estado Español.

Por isto reivindico que nesta semana exista unha alternativa socio cultural  laica e festiva, para os libres pensadores onde poidamos desconectar e entregarnos a outro tipo de "paixóns".

Posto por MacLapfer e Fror de Toxo

Novas Xeracións do PP.

ofalarnontencancelas — 03-04-2007 GTM 1 @ 09:51

 generapp1.JPG

Recibín isto dunha amiga por correo electrónico e pareceume tan tenro que quería compartilo.

Posto por MacLapfer.

Para cando as beirarúas?

ofalarnontencancelas — 02-04-2007 GTM 1 @ 18:05 Tags:

Esta é a pregunta que hoxe se fan en San Marcos despois de que onte á noite un veciño sufrira un atropelo mortal. Non é a primeira vez e sen nengunha dúbida non será a última. En pouco máis de dez anos tres persoas morreron atropeladas nun tramo de menos de douscentros metros.

 A pesar da construcción da nova autovía que leva ó aeroporto, a carreteira vella que une Lavacolla con Santiago segue soportando moito tráfico. Os veciños de San Marcos teñen que sufrir un constante trafego de vehículos que baixo o pretexto de que hai unha boa recta atravesan a localidade a toda pastilla, e todo isto sen un paso de peóns, un semáforo, ou un triste tramo de beirarúa.

As citadas beirarúas foron prometidas polo concello hai anos, disque.

Hoxe síntome impotente e por iso recurro á única ferramenta da que dispoño, este blog, para facer un pouco de presión. Sei que é como tirar unha botella ó mar pero non por iso vou deixar de intentalo.

Espero que o señor Bugallo recapacite e deixe de mirarse o embigo, o rural de compostela agoniza carente dos máis elementais servizos básicos, hai parroquias que se declaran en rebeldía reclamando a independenza (sorte veciños de Enfesta) doídos polo abandono do concello e o reiterado incumplimento das promesas polas que se anexionaron a compostela. Mentras o noso alcalde so se preocupa dos grandes proxectos propios da capital, aqueles que o levan a aparecer na prensa.

Ou mellor ainda (como o señor Bugallo xa dispuxo de dúas lexislaturas e nada nos fai pensar que esté disposto a cambiar o seu xeito de actuar nunha terceira) espero que eleitoralmente recolla os froitos da súa mala xestión. Merecemos un alcalde que invirta máis na mellora dos servizos e menos en bombardearnos con propaganda.

Tamén me anoxa a cantidade de individuos amorais que xermolan nesta sociedade enferma, capaces de seguir adiante e pensar que a súa vida vai seguir igual despois de segar unha vida e fuxir para non asumir responsabilidades, pero isto será motivo doutro post.

Posto por Fror de Toxo

Philip Catherine trio

ofalarnontencancelas — 01-04-2007 GTM 1 @ 11:54 Tags:

 philip_catherine_01_bastia2006.jpg

Onte fomos os tres ao concerto de Jazz  de  Philip Catherine trio, dentro da programación compostela jazz, no auditorio de galicia.

Nin que dicer ten que nos gustou, o jazz nunca me deixa de abraiar como tres músicos poden chegar a unha confluencia tan marabillosa.

Ademáis houbo unha canción na que nos fixo partícipe ao público, na que tiñamos que imitar tatareando as notas que o guitarrista tocaba, onde por un momento todo tipo de público confluíamos tamén nun tatareo máis ou menos desinhibido. As veces a comunicación non necesita máis.

En definitiva se un día tendes a oportunidade de velos, merece a pena.

Posto por MacLapfer.