Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Aleluia

ofalarnontencancelas — 19-06-2008 GTM 1 @ 15:21

O único aleluia que puiden tararear na miña vida

Posto por MacLapfer

Europa e a directiva "retorno"

ofalarnontencancelas — 17-06-2008 GTM 1 @ 16:26

Directiva “retorno”: A Europa da vergoña



images58.jpg

 

«Os políticos da UE  apóianse nunha visión utilitarista da inmigración”, comentou Claude Quémar, do Comité para a anulación da débeda do terceiro mundo (CADTM), cando debuta o exame polo Parlamento Europeo da “directiva retorno” que intenta harmonizar as lexislacións relativas á retención e expulsión dos sen papeis. A filosofía desta “directiva da vergoña” vai «en contra do respecto dos textos fundamentais da defensa dos dereitos humáns, do dereito de asilo e mesmo da nova tarta do codesenvolvemento”xulga Claude Quémar.

Claude Quémar. «Dende hai anos, a Unión Europea abandeira a loita contra a inmigración chamada “clandestina” ». A directiva en discusión dende fins do 2.007 é un paso importante cara a harmonización da lexislación en materia de retención e expulsión das persoas en situación irregular por dúas razóns esenciais: O proxecto da Comisión esta sometida á vez ao Consello e ao Parlamento Europeo o que lle dará mais lexitimidade; pero sobre todo, trátase dunha harmonización “á baixa”, isto quer dicer menos protección.

 

Posto por MacLapfer

Unha pequena homenaxe

ofalarnontencancelas — 11-06-2008 GTM 1 @ 17:14

Coma teño o día un pouco sensual poño este video.

Malos tempos na U.E.

ofalarnontencancelas — 10-06-2008 GTM 1 @ 09:07

 

 images57.jpgimages210.jpg

Hoxe lin dúas novas que me preocupan. A primeira é que a U.E. quer ampliar a xornada laboral a 48 horas semanais puidendo extenderse así a xornada a 65 horas. A segunda que queren meter man aos blogs coa creación dun DNI de bloguers para ternos controladiños.

Agora que parecía que podían soplar ventos de cambio no Imperio, aquí na vella Europa parece que imos cara posturas máis propias do século XIX con amplias xornadas de traballo e control fascista da cidadanía.

Non sei onde imos ir a parar, e canto estamos dispostos a aturar.

E o que é peor canto tempo máis poderei escribir no meu blogue.

 

Posto por MacLapfer.

Por unha Asemblea Nacional Ordinaria

ofalarnontencancelas — 09-06-2008 GTM 1 @ 10:00

 

 images56.jpg

 

Parece ser que ao mellor a militancia de BNG  ten a posibilidade de acudir a unha Asemblea Nacional sen delegados, pero iso si barállase que  sexa extraordinaria exclusivamente para escoller o candidato á Xunta, nada un paripé para manter á militancia contenta e pense que a súa opinión ten importancia no seo da organización.

Espero, que os "críticos" que tanto laiaron pola perda do asemblearismo nacional loiten agora dende o Consello Nacional para que nesta Asemblea sexa oridinaria e intenten recuperar a Democracia participativa na organización e poder de novo discutir as teses políticas entre todos e renovar se cómpre os órganos de dirección.

Vai sendo hora que se recupere a verdadeira esencia da organización e desexábel que a militancia do BNG loite en contra da deriva cara a posturas menos democráticas.

 

Posto por MacLapfer 

Por fin Obama

ofalarnontencancelas — 04-06-2008 GTM 1 @ 17:41

images55.jpg 
A pesar do clan Clinton e de manter o seu discurso de unidade a favor dunha Nova América que deixe atrais as fracturas políticas sociais e raciais será o candidato para o partido Demócrata en Novembro.
Portador dunha mensaxe de esperanza foi capábel de arrastras tras el millóns de norteamericanos.
Foron moitos os obstáculos, os Clinton foron un dos máis gordos, coa súa primeira vítima Hillary, cuxo  principal erro foi non apreciar a sede de cambio dos seus compatriotas, despois dos oito anos de chapuza fascista neocon e liberal de Bush.
Hoxe Hillary ten que negociar o seu futuro (Vicepresidente, o cal sería moi incómodo para Obama xa que non representa precisamente o cambio, ou portavoz dos demócratas no congreso que sería o máis axeitado) o que é o máis importante para todo o mundo e que tire a toalla de xeito oficial canto antes na carreira á presidencia, para que Obama poda facer o traballo que lle queda, e o máis duro: o combate político contra McCain.
Non o ten doado, eu diría que moi difícil, pero o feito de que o candidato demócrata sexa un negro cun programa bastante progresista para ser Estados Unidos, xa é todo un avance e unha demostración que algo está a cambiar no Imperio en declive.
Posto por MacLapfer.

A miña xuventude

ofalarnontencancelas — 29-05-2008 GTM 1 @ 15:12

Con esta canción, The River (1.980) descubrín ao "Boss" e despois percorreu comigo gran parte do camiño da miña xuventude. Por isto pensei que era importante que tamén estivera na sección de música de MacLapfer.

Posto por MacLapfer

A dereita xa fai das súas en Londres

ofalarnontencancelas — 28-05-2008 GTM 1 @ 10:13

 

 images54.jpg

O flamante e novo alcalde de Londres Johnson cortará polo sano o gasóleo que a compañía estatal Petróleos de Venezuela (PDVSA) suministra por debaixo do prezo de mercado ao transporte público londinens acordado co alcalde anterior Ken "o roxo". Este aforro na factura do combustíbel  destinábase a sufraxar o transporte de ata 250.000 parados ou discapacitados con residencia na capital británica. A cambio, expertos en planificación, vivenda e transporte urbano asesoraban ao Goberno de Chávez.

Era un acordo exemplar de relación norte-sur con beneficios mútuos un xeito de facer unha economía alternativa á fundamentalista neoliberal e global que ao darlle carpetazo dende a dereita xenocida perxudica unha vez máis aos máis desfavorecidos tanto do primeiro como do terceiro mundo.

Agora que os británicos sigan a votar Tories.

Posto por MacLapfer.

A DEREITA DO ESTADO ESPAÑOL

ofalarnontencancelas — 27-05-2008 GTM 1 @ 12:57


images53.jpg

«Os enemigos do PP están no exterior do partido [en referencia aos socialistas no poder], e non no interior.» esta fin de semana, Mariano Rajoy, lanzou esta afirmación desesperada e inútil. Os medios de comunicación ultra conservadores ironizaban ontes sobre o «desexo de impotencia» dun líder á baixa. Case todos os días, unha mala nova abátese sobre o principal partido da oposición do Estado Español que representa a toda a pluralidade dende o centro á ultra dereita e que, a pesares da súa derrota nas lexislativas de marzo , obtivo máis de  10 millóns de votos: o «numéro 2» do partido da un portazo sen explicacións; Zaplana vaise para Telefónica, e María San Gil xustifica a súa demisión porque o «PP  perdeu os seus principios». Incluso José Maria Aznar , xoven pre retirado da política contratado polo magnate Murdoch, rompe o silenzo decindo que a «unidade está en perigo».

Estes tumultos supostamente se explican pola recente viraxe do PP cara "unha oposción moderada e construtiva", segundo os termos empregados por  Rajoy. que antes de virar a súa estratexia era de afrontamento contra ZP. Un PP sostido pola xerarquía católica e o xornal  El Mundo,e a golpe de manifestacións, os «populares» se opuxeron ao diálogo con ETA, ao novo estatut de Catalunya ou ás vodas gays.  En marzo,despois da segunda derrota electoral, Mariano Rajoy estima indispensábel cambiar a imaxe do PP, unha imaxe dun partido ultra conservador  que as veces roza o ridículo se temos en conta que o Estado Español está ubicado na Europa do século XXI. «En realidade, somos o centro dereita, e vouno demostrar», afirma Rajoy. A garda pretoriana que medraba á sombra de Aznar non aprecia moito esta viraxe.

o conflicto explota aínda máis a mediados de maio, despois do atentado de ETA que mata ao garda civil. O líder do PP apoia a ZP - cousa inédita - e díse  disposto, algún día, a pactar cos nacionalistas Bascos moderados,que se opoñan á violencia (como xa fixeron na primeira lexislatura de AZNAR por certo). María San Gil, icono da intransixenza na loita antiterrorista, desafía a Mariano Rajoy en público. Co apoio, como non de Aznar, Ela estima que os « principios do PP foron traicionados». «En realidade,este partido sempre estivo composto por dúas almas diferenciadas, segundo a análise realizada polo politólogo Santos Julia. Dun lado , os reformistas ; do outro, unha corrente de dereita dura, clerical e ultraliberal. A fobia a unha ruptura e a autoridade de Aznar foron os dous elementos de unidade.» Tantos os«centristas» como os «duros» din nembargantes non querer a separación. A balanza inclinaráse dun lado ou do outro no próximo congreso de Valencia.

Persoalmente penso que no PP ten máis que perder o núcleo "centrista" que o "duro", se no congreso gañan os primeiros vanlle poder botar en cara as próximas derrotas electorais do PP (Galiza, Europa, Euskadi...) polo que os "duros" volverán con forza (estes sempre teñen cabida no PP) pero se no próximo congreso gañan "os duros" os centristas vanno ter crudo, (todos os que apoiaron a Rajoy) non van ter moita cabida no proxecto a curto prazo e moito me temo que tampouco van a ter a valentía de organizarse nun novo partido de centro ao estilo centro europeo que o Estado Español tanto necesita.

O meu Avó

ofalarnontencancelas — 20-05-2008 GTM 1 @ 12:44

Unha nova canción para a sección da música de MacLapfer.

 Un día coma hoxe morreu o meu avó, o 20 de maio do ano 1.984 (24 anos xa, como pasa o tempo), e escoitar esta canción e velo coa súa pucha cubrindo o seu pelo branco sentado nun outeiro co pito na boca e mirando cara o horizonte. Nunca te esquecerei Avó.

 



Posto por MacLapfer.