Neste temporal de crise económica e involución democrática que estamos a padecer sempre nos quedará o mar.
Neste temporal de crise económica e involución democrática que estamos a padecer sempre nos quedará o mar.

Teño moita tristura e realmente síntome orfo politicamente, as últimas asembleas do BNG para votar as listas de delegados para apoiar ao "King" Quin foron para min o punto e final de complicidade coa organización despois de tantos anos de convivencia, media vida, pero non podo convivir máis co resultado desa metamorfose na que se convertiu a organización, onde no nome de non sei moi ben que, algúns din pragmatismo, outros real politik... , adquiriron actitudes moito máis propias do seu peor inimigo, as veces nos meus peores pesadelos dábame a sensación de estar convivindo co sector "Cuiñista do PP" ou o que é peor cos "Baltares de Ourense", en fin "Cousas da vida".
Todo vai de marabilla, todo está ben; a administración paralela, a cidade da cultura, a precariedade laboral na administración, o clientelismo... todo está ben feito, o servilismo da organización ao poder ata o punto de reducir a democracia (nunca entenderei como un militante dunha organización vota a favor de que lle quiten dereitos de participación democrática, NUNCA).
Se Castelao levantara a testa, meu pobre.
Espero non estar orfo moito tempo, haberá que partires de cero, unha vez mais, con xente sen medo a ser DEMÓCRATA, sen medo a facer país, sen medo a ser de ESQUERDAS (e non de centro), volva a iniciar a aventura, co espíritu no que se iniciou o BNG nos oitenta. Que se crea unha nova organización na que nas proprias siglas leve a verba Asembleario, e que nos estatutos diga abertamente que nunca, NUNCA, se poda propor a militancia votar unha redución de participación democrática.
Se un día este soño se cumpre,
eiquí me tendes.
Posto por MacLapfer.

A crise do sistema capitalista é evidente por iso me fai graza que a dereita liberal do Estado Español veña co seu paquete de medidas neoliberais para solucionar a mesma. Eu me pergunto que tipo de oposición teremos que facer diante das políticas da Franza, Alemaña, Estados Unidos... onde a crise é aínda mais sanguinolenta.
Obama é o candidato á presidenza dos EE.UU., non sei se terá a valentía de facer unha política mais social (no suposto de que gañe as elecións, xa que para intentar gañalas fixo un xiro brusco ao centro para captar o voto republicano mais centrista e os demócratas máis conservadores o de sempre gañar co voto do centro), pero é o que lle queda, facer o New Deal do século XXI, xa que a globalización capitalista está a facer destrozos nas familias, sobre todo nos sustratos sociais máis modestos pero tamén na clase media dende hai xa moitos anos (finais noventa).
É hora de darlle unha reviravolta ao sistema, de recuperar os valores do estado de benestar que permita un mínimo de dignidade a súa cidadanía, para que partindo dunha igualdade de oportunidades cada un se desenvolva ata o máximo das súas capacidades tendo en conta iso si como punto de referencia sempre os dereitos humanos e o desenvolvemento sostíbel.
Hoxe máis que nunca, cómpre reforzar os estados para cumprir dita premisa, non dende unha perspectiva igualitaria (xa que esta coarta a creatividade, non nos enganemos non todos somos iguais) senón, insisto, dende unha perspectiva de igualdade de oportunidades ( cumprimento de necesidades mínimas dignas que permita o desenvolvemento das nosas potencialidades).
Débese reforzar os estados e débese globalizar os dereitos sociais para frear as desfeitas da globalización económica, débese frear por supervivencia en occidente porque o capital non entende de fronteiras so de ganancias e se non lle poñemos freo chegara o día que o terceiro mundo poda estar na porta das nosas casas xa que o mercado estára trasladado ás economías emerxentes (China, India, Brasil...)
Para isto é importante que os Estados Occidentais lle fagan boicot aos produtos das economías emerxentes que non cumpran cunha garantía mínima de dereitos sociais, fomentando tamén a súa cidadanía ao consumo responsábel informando dos produtos que non deben consumir se non queren ser vítimas da globalización.
Por todo isto me fai moita graza que nos veñan con recetas neoliberais para solucionar a crise, cando gran parte destas son as responsábeis da situación na que nos atopamos.
Posto por MacLapfer

Nada este posto é moi curto, simplemente darlle a miña hora boa ao noso presidente Touriño por recapacitar e non adiantar as eleccións. Ben é certo que a opinión pública xa estaba en contra dese adianto porque era evidente cal era a verdadeira relación causa - efecto de dito adianto (ningunear a Galiza canto antes), pero de todos os xeitos lle dou a hora boa porque creo que é unha decisión que lle honra.
Posto por MacLapfer.
Tamén me gusta a música do país. Alí vai unha de Fuxan os ventos para a sección da música de Maclapfer.

Corre o rumor que o PSdeG (que por certo seguirá sendo unha franquía do PSOE ao non ter valor en crear un PSG con estatutos proprios) quer adiantar as eleccións no outono. Moitos poden pensar "que mais ten" pero eu ando un pouco preocupado por varios motivos porque adiantan a este exercicio os gastos que supón para os orzamentos públicos unha campaña electoral, o cal vai ao peto de todos e en plena crise, todo pola interese de afianzarse no poder antes de que a crise, si a crise que non queren nomear, lles pase factura. Ademáis unha vez que se consiga revalidar o goberno da Xunta o PSOE ten canto antes vía libre para ningunear a Galiza (para que esperar a marzo do 2.009), porque se unha cousa teño moi clara é que a crise vai se empregar para pasar unha vez máis de NÓS.
Temos que ter en conta, que por moito que nolo queira vender Quin Quin, os dous escanos de BNG en Madrid non son suficientes para exercer presión a ZP, e que os acordos de goberno serán o máis probábel con CIU, e xa sabemos o que significa isto. Unha política de centro dereita que esquece a Galiza.
Coa outra franquía (PPdeG) so perderían o poder, xa que ningunear nos ningunearían con maior alegría ao perder ao goberno "amigo".
Polo que creo que sexan os que sexan os resultados electorais dame a mín que veñen malos tempos para Galiza.
Posto por MacLapfer
Outro grupo da miña adolescencia que quero compartir na sección de música de MacLapfer.

"A comunidade internacional non pode escapar das súas responsabilidades" xura a alemana Merkel...."Xa pasamos a un nivel sen volta atrais, un verdadeiro progreso", nos vende o Petit Napoleón Sarko.
Unha vez máis un novo acordo histórico sobor do clima do G8 asinado no Xapón, para ser sinceiros pasiños de bebé dados polo xigantes económicos. O G8 chegan á conclusión de que convén adoptar coma obxectivo a redución de polo menos un 50%, de aquí ao 2050, das emisións mundiais de CO2, responsábeis de quentamento climático. Estes berros xa se deron no pasado e non levaron a ningures.
Unha cumbre patética, falan do 2.050, eu daquela tería 82 anos, a moi longo prazo, pero non falan nada de reducir o efecto invernadeiro de aquí ao 2.020, ningunha referencia. Por riba os países máis ricos se negan a servir de exemplo esixindo aos pobres ou en vía de desenvolvemento a cumprilo escrupulosamente.
Greenpeace lamenta este comportamento e di que este acordo non vai impedir o caos climático. Oxfam di que a este ritmo no 2.050 a terra xa estará cocida, WWF clasifca de "patético" a persistencia do G8 de esquivar a súa responsabilidade histórica. Temos que ter en conta que os países do G8 emiten eles sos un 80% das emisións.
Vai sendo hora que dean exemplo.
Posto por MacLapfer
Para rematar o mes de xuño unha canción máis para a sección a música de MacLapfer. A necesitaba para empezar a semana.

Os/as Irlandeses/as dixeron "Non", un precioso "Non", franco, masivo, pero algúns opinan que non é un "Non" de esquerdas.
De todos os xeitos eu sempre dixen que o procedemento do Tratado de Lisboa (o mini-tratado que non fondo era tan longo coma o Tratado Constitucional) era igualmente unha trampa perigosa para os valores democráticos que proveñen da ilustración, e que se traducen na praxe en políticas de participación cidadá, democracia radical e sociedade do benestar.
Non por iso, os que estamos polo non, somos antieuropeistas. Moitos persoeiros supostamente representantes da esquerda europea pero que no fondo son defensores do pensamento único, igual que os seus correlixionarios liberais, se burlan do NON IRLANDÉS dicindo que aglutina a un multimillonario oposto á harmonización fiscal, aos anti abortistas, anti divocio, anti vodas gais e ultranacionalistas... resumindo, que o NON non aglutina á xente de esquerdas senón aos neocons e ultraliberais.
Todo menos avaliar o problema de fondo, que é o divorcio entre a cidadanía e esa Europa que están a construír dende hai máis de 50 anos a élite do continente. Faime graza cando Sarkozy e Merkel cando din que o Tratado de Lisboa non está morto e que se debe seguir co proceso amosando un autismo espectacular pola súa banda diante deste rexeito masivo Irlandés, non sendo capaces de ver que a construción Europea está a atravesar a crise máis aguda da súa historia. Unha crise sumada á económica, onde unha Europa enorme (27 membros) se pregunta sobre as súas fronteiras e a súa potencia. Unha crise de confianza dos seus cidadáns respecto ás súas institucións descarnadas e tecnócratas. Unha crise de fe dos Europeos na capacidade da UE para aportarlles progreso económico e social, para mostra un botón co acordo dos 27 ministros de emprego que están dispostos a autorizar que “os traballadores Europeos traballen ata 60 ou 65 horas á semana.
Así que finalmente dicirlles aos da élite que gobernan aos Europeos pero sen os Europeos que o NON está mais que xustificado, porque non conta nin coa cidadanía, e destrúe os dereitos humanos e sociais que tanto caracterizou a Europa que eu desexo. Posto por MacLapfer