Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OS MITINS DE QUIN

ofalarnontencancelas — 20-02-2009 GTM 1 @ 09:00
g22p19f1.jpg

Intento, de verdade escapar desta campaña electoral, de non fixarme mais nela nos candidatos patéticos que ten este país, miuda clase política temos, en fín. Pero é que o King mo  pon realmente difícil.

Se xa foi patético o reparto de publicidade á saída das igrexas aos velliños e velliñas (isto pasou como ben sabedes polo posto anterior na miña parroquia), non quero nin contarvos esta última do BNG. Facer mitins a traición a cincocentos vellos/as que supostamente ían de excursión a Porturgal.

 

Para máis información pincha eiquí.

Posto por MacLapfer

A nova forma de facer campaña

ofalarnontencancelas — 15-02-2009 GTM 1 @ 12:18

Levábamos un tempo preguntándonos cal era a diferencia entre o antigo PP o novo BNG e esta mañá por fin o descubrimos, cando descubrimos perto na nosa casa a todos os velliños da parroquia dando un paseo ó soliño cunha bolsa do BNG que segundo dixeran lles repartiran á saída da misa.

Esa é a diferencia: O PP nunca foi tan obvio.

 O paso seguinte será o carretalos para levalos ó colexio electoral. Que pais!!!

 Despois extrañarase a xente de que dende este blogue fagamos campaña para que non se vote ó bipartito.

Posto por MacLapfer e Fror de Toxo.

NON SE PODE VOTAR AO BIPARTITO

ofalarnontencancelas — 10-02-2009 GTM 1 @ 11:24

 grazas.jpg

Non quedan xa moitos días para as eleccións ao parlamento galego, e dende o noso modesto blogue faremos a nosa particular campaña.

En primeiro lugar dicir que na nosa opinión sería unha enorme equivocación para calquera cidadán/á que se considere un demócrata radical que se sinta identificado por un modelo de sociedade que defende a xustiza social  e baseado no medre sostíbel con inquedanzas polo medio ambiente non pode votar polo bipartito.

 Votar polo Bipartito do PSDG e BNG e votar continuidade do peor dos 16 anos do PPG, é por desgraza votar clientelismo, paternalismo, mala praxe (concurso eólico, privatización de servizos de selección para a administración pública...), mala xestión de recursos (Cidade da cultura, gastos dos despachos e demais mergullados nunha crise...), mala asistencia sanitaria (sufro as listas de espera aínda peores co PPG digan o que digan), educación pública pésima (Calidade, recursos, lingua galega... todo un desastre), servizos sociais caciquís no lugar de ser universais dende unha consellería de servizos sociais para toda a cidadanía galega independentemente da cor política do concello ou se entran ou non nun consorcio,  precariedade laboral no sector público (Tanto en consellerías do BNG coma do PSDG), administración paralela (GALARIA, SEAGA, INGACAL, CONSORCIO, INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS, CENTRO ONCOLÓXICO, AXENCIA DE EMERXENCIAS, CONSELLO DE RELACIÓNS LABORAIS, BANCO DE TERRAS, SOCIEDADE DE SERVIZOS SOCIAIS, FUNDACIÓNS ILLA SAN SIMÓN, FUNDACIÓN DA FORMACIÓN PARA O TRABALLO, INDUSTRIAS CULTURAIS ....)

 En definitiva un reforzo das peores praxes políticas que xa viñan herdadas dos dezaseis anos do PPG.

 Entón que podemos votar?

Ben é certo que non existen moitas opcións, pero considero que o PSDG e BNG necesitan un castigo. Dito castigo non debe caer na tentación de votar á dereita, xa que sería un retroceso polo que recomendo exercer o voto con algunha destas opcións:

 1.                  Esquerda Unida: Pode ser unha boa opción para os descontentos coa política do PSDG, para a xente de caracter progresista que non se considere nacionalista.

2.                  Frente Popular Galega: Hoxe por hoxe, por desgraza, é a única opción á esquerda nacionalista do BNG (non sei a que esperan os críticos para Refundar o Nacionalismo Democrático e Asembleario), pode ser unha boa opción para castigar a este BNG desvirtuado.

3.                  Voto en branco: para os que non lles convenza castigalos coas opcións anteriores pero queren seguir castigando ao bipartito e exercer o seu dereito democrático de ir votar. 

 Non é que me entusiasme ningunha das opcións enriba expostas, pero prefiro que entren no parlamento algunha destas forzas políticas a premiar a mala xestión destes catro anos do bipartito.

En canto ao voto en branco, é como mínimo unha opción tan lexítima como as outras dúas, o único handicap que ten é que pode favorecer á dereita.

Nós imos exercer unha destas tres opcións, e pedimos o voto a toda a cidadanía de esquerdas descontenta co bipartito que faga o mesmo.

 Se premiades a mala xestión destes catro anos, dunha primeira lexislatura que se supón que sempre é a mellor, que nos espera para a segunda. NON QUEREMOS NIN PENSALO.

 Posto por MacLapfer, Fror de Toxo e   Trasno. 

GALIZA E A INDEFENSIÓN APRENDIDA

ofalarnontencancelas — 29-01-2009 GTM 1 @ 10:01

 



images66.jpg

 

Non sei se coñecedes o experimento de Martín Seligman que expuña a dous cans, pechados en cada un na súa gaiola, a descargas eléctricas ocasionais. Un deses cans tiña a posibilidade de accionar un dispositivo coa boca para deter a descarga, mentres que o outro animal non tiña medios para facelo. O tempo de descarga era igual para ámbolos dous cans, xa que a recibían no mesmo momento, e cando o primeiro can cortaba a electricidade, o outro tamén a deixaba de recibir.

O efecto psicolóxico en ámbolos dous animais era moi distinto; mentres o primeiro amosaba un comportamento e un ánimo normal, o outro permanecía quieto, triste e asustado, co que a importancia da sensación de control no estado de ánimo parecía amosada. Incluso cando a situación cambiaba para o segundo animal, e xa si podía controlar as descargas, non era quen de darse conta e seguía a recibilas sen intentar nada para evitalo.

Seligman empregou este experimento para falar da  teoría da INDEFENSIÓN APRENDIDA para intentar explicar un dos mecanismos da depresión.

Pois ben eu creo que co pobo galego, a nivel psicosocial, pasou algo parecido. Os galegos e galegas ao longo de moitos séculos lles quitaron a percepción de control sobre o seu destino, fomentando entre outras cousas un forte locus de control externo e unha INDEFENSIÓN APRENDIDA moi arraigada na cultura popular, véxase expresións como “ti non podes facer nada, non podes cambiar nada...”, “hai que baixar as orellas..”, “eles teñen a tixola polo mango”...etc.

Nin que dicir ten que calquera manifestación de poder se apoiou no pasado e se apoia agora no noso país nesta cultura para non aplicar ningún tipo de acción democrática e seguir tratando a cidadanía como se fose menor de idade. (Igrexa, Administración, Empresas, Partidos políticos...). Si os partidos políticos tamén, a proba máis sangrante a temos cos 16 anos do PARTIDO POPULAR DE GALICIA, pero o que é máis lamentábel é que tamén se aproveitan desta situación os partidos de esquerda, e aínda peor o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, quen defendeu ao longo de tantos anos a dignidade dos/as galegos/as, a autodeterminación do pobo galego, é agora son un dos centros de poder que reforza a INDEFENSIÓN APRENDIDA CULTURAL DO POBO GALEGO, para a realización de políticas ANTI DEMOCRÁTICAS, PATERNALISTAS, CLIENTELARES.... É lamentábel e deplorábel.

É hora que exista unha organización que lle devolva a percepción de control á cidadanía, que vexa que as súas decisións son tidas en conta e que son partícipes dos seu devenir.

 

Posto por MacLapfer.

Temos que loitar polo cambio de modelo.

ofalarnontencancelas — 16-01-2009 GTM 1 @ 13:20

 



images65.jpg

 

Cara a que modelo imos agora?

 

 Teño a sensación de que non hai moito interese en falar doutro modelo fóra do ámbito “altermundista”, os cafres que levaron este planeta a unha situación de kaos con moito esforzo intentan quentarnos as orellas prometendo que van ser bos,  con frases bonitas como a da refundación do capitalismo ou de que ten que haber máis control dos paraísos fiscais.... mentres  chupan todos do bote, canto carto  público poden chupar, cartos dos orzamentos de todos e todas, os/as que traballan nas súas organizacións multinacionais por salarios miserentos,   dos/as que se quedaron en situación de desemprego por unha ERE, dos/as que a duras penas chegan ao final de mes porque a propia banca os está aforcando .... dos/as que en definitiva de xeito honrado traemos o pan á casa. Nós pagamos a factura, aos mesmos que durante tantos anos nos dixeron que outro mundo non era posíbel, que isto era a lei da selva, que estabamos evolucionando seguindo un patrón de Darwinismo social no que cada un tiña o que se merecía, no que un duro vendías un duro valías,  e na que o Estado non tiña que regular nada porque o libre mercado o regula e soluciona todo.

Esta tolemia chegou a un punto tan esquizofrénico na que un ser Social Demócrata (pero os de verdade, non os que se fan chamar social demócratas e son liberais) era un ser radical, iluso e utópico. Polo que a maioría das organizacións Social Demócratas do mundo occidental tomaron nota e foron traidores ao seu propio ideario. Todo o mundo era xa LIBERAL, ou seudoliberal (TERCEIRA VÍA, SOCIALIBERAL...) e o que é peor a todo o mundo se lle fixo crer que era de clase media, e se non o era estaba a piques de selo. A súa vez as forzas á esquerda da socialdemocracia quedaron relegadas ao ostracismo porque eran uns iluminados, ían en contra corrente, ían contra o déficit público...GASTO SOCIAL que atraso. Canto menos estado mellor. Se gastas nos máis febles non deixas medrar aos demáis, ou sexa á clase media.Pero agora o gasto é enorme, un gasto que á cidadanía se lle escapa ( unha das razóns porque lles ocultan a información) para salvar a banca, as multinacionais, aos especuladores, para salvar como din eles o sistema, QUE SISTEMA? o que fai que pouco menos de 300 persoas aglutinen a riqueza de 3000 millóns de almas do planeta, ou sexa o 50%, este sistema é o que temos que salvar.

A cidadanía ten que estar alerta, porque no momento que podan van intentar manter este sistema, e intentará que esquezamos que fomos o eslavón máis feble do mesmo que lles salvou o cu. E volverán ás mensaxes LIBERAIS de que hai que conter o gasto público, que non hai que invertir en servizos sociais, sanidade, educación pública....   Se lles deixamos volverán as andadas. Non están para nada interesados en cambiar de modelo, esas 300 persoas non o van a permitir a que lles reduzan os seus previlexios, e os seus secuaces xa están a dicilo abertamente, o capitalismo NIN TOCALO!!!. (BUSH, AZNAR, MERKEL,  KLAUS....). A cidadanía ten que participar de xeito activo, manifestarse, esixir que os distintos gobernos lles renda contas a eles e non á banca. Teñen que esixirlles que empecen a gobernar para a cidadanía e non para os poderes económicos, teñen que facer POLÍTICA con maiúscula.

Vai sendo hora que os estados xestionen o poder da cidadanía, sexan fortes e democráticos. Estados fortes que corrixan as desigualdades do mercado e interveña abertamente sen complexos cando un poder económico incumpre cos dereitos sociais en particular e humanos en xeral. Uns estados que teñan como valores centrais os do HUMANISMO e o respecto polo entorno. Pero insisto creo que polas boas non van cambiar de modelo, imos ter que loitar nas rúas para conseguir o cambio, esta é a oportunidade, como di a canción IT´S NOW OR NEVER. 

Posto por MacLapfer. 

XENOCIDIO OCCIDENTAL

ofalarnontencancelas — 08-01-2009 GTM 1 @ 15:04

   2129%20martyrs%20in%20gaza%20holocaust.jpg 

  

  

  

  

  

  

  

  

  

Un tercio das vítimas menores de 16 anos.

Preto dun tercio dos 689 Palestinos asasinados polo exército israelí na ofensiva contra HAMAS, son nenos e adolescentes menores de 16 anos, segundo os servizos de urxencias Palestinos.

Asasinados, un total de 220 xoves polas balas xudeas dende o 27 de decembro,segundo Mouawiya Hassanein, Xefe do servizo de Urxencias.

A proporción das vítimas civís aumentou intensamente dende a ofensiva terrestre, o 3 de xaneiro, xa que os combates se desenvolven nas zonas habitadas.

Por outra banda, a organizacióin internacional Save the Children expresou a súa preocuación polo aumento na cantidade de nenos que en conxunto coas súas familias deben forzosamente fuxir dos bombardeos e dos seus fogares.

 

O pasasdo martes, 43 persoas foron ASASINADAS e maís de 100 feridos nun ataque israelí contra a escola da ONU, no norte da franxa de GAZA.

Para xustificarse o exército DE ISRAEL afirma que o fixo para contestar a uns cohetes que proviñan desas escolas, cando a propia ONU o desmentíu.

Non quero continuar porque me poño de moi mal humor.

É unha vergoña, que no mundo occidental do que tantos son fachendosos, ninguén teña a autonomía moral de pararlle os pés a esta política xenocida de ISRAEL, que  tristemente  o "impresentábel" de Chávez sexa   o único que tivo a valentía de tomar unha medida coherente como expulsar ao embaixador de Israel.

E eu me pergunto, realmente pensa Israel que por esta vía vai a solucionar o problema de Oriente medio, pensa realmente Occidente que así van a paralizar a radicalización do mundo musulmán. Se realmente o pensan, e que teñen un grande problema de capacidade, e estamos gobernados por "incapaces".

Posto por MacLapfer.

As listas do QUINIUPGA.

ofalarnontencancelas — 30-12-2008 GTM 1 @ 12:36
images37.jpg

 

 

Algúns medios fanse eco das listas do BNG e poñen en titulares que so irán os estómagos agradecidos de Quin e os da U. e que os críticos se quedarán fóra.

Pero se isto a min non me sorprende nada, era o obxectivo do "King", facer do BNG un novo CIU á Galega, unha confluencia de dúas forzas que se repartan o poder da organización, unha organización cada vez máis antidemocrática, e onde os militantes voten a Búlgara iso si sen voz na asemblea nacional, o que diga o "King" de turno.

Lamentábel, sigo a perguntarme porque quedan os críticos neste BNG desvirtuado, desligado dos valores orixinais do mesmo. Por que motivo esperan a súa agonía o seu paso ao ostracismo. Non o entendo, non entendo porque non se organizan e crean a REFUNDACIÓN DO NACIONALISMO ASEMBLEARIO para volver a empezar de cero, se o fixesen terían o meu voto, xa que agora me atopo orfo para as vindeiras eleccións.

 

Posto por MacLapfer.

 

BOAS FESTAS A TOD@S!!!

ofalarnontencancelas — 24-12-2008 GTM 1 @ 18:13

fondo-arbol-de-navidad.jpg

"Facer que todo cambie para que todo siga igual"

ofalarnontencancelas — 19-12-2008 GTM 1 @ 09:48

 

 304fe27f7762b665b2ef2c5060e43ec99d5b0752.jpg

Isto é inconcebíbel o "King" Quin gastando orzamentos en publicidade para o tema de exclusión social nas vallas das paradas  dos buses das principais cidades galegas cunha foto dun/ha hipotético/a excluído/a co eslogan "hoxe é el/a mañá podes ser ti" (esta publicidade é carísima), e despois me entero que segue a dar cartos a entidades relixiosas para que sigan a facer caridade cos máis vulnerábeis da sociedade nos comedores económicos e albergues.

 Unha vergoña Sr Quin. O que ten que facer é deixar de malgastar os  orzamentos  facendo publicidade institucional e seguindo a manter ordes relixiosas.

O normal nunha sociedade democrática, laica e digna sería crear  albergues públicos nas grandes cidades galegas para que os sen teitos teñan a oportunidade de asearse, durmir ao quente e axudalos a conseguir un emprego protexido, dándolle recursos para que teñan sensación de control sobre a súa propia vida.

Temos que fuxir así da indefensión adquirida reforzada ao longo de moitos anos con malas políticas asistenciais e de caridade.

 Non é de recibo que se teña que aturar a cambio dun plato quente ningún dogma relixioso nin a indigna caridade que contribúe a distruír aínda máis a estes cidadáns/ás.

 

Posto por MacLapfer

DEFLACIÓN

ofalarnontencancelas — 17-12-2008 GTM 1 @ 17:09

 

2007111273crash_flecha2.jpg  

DEFLACIÓN

A verba encomeza a facerse sitio nos medios de comunicación: a deflación, é coma unha inflación negativa, unha evolución dos prezos medios á baixa varios meses consecutivos.

Varios indicadores explican a gravidade desta crise. Nos EE.UU., os prezos á produción tiveron o maior retroceso dende 1.947. En China, estase a constatar un ralentizamento dos prezos ao consumo: coa taxa das exportacións á baixa, as empresas miran cara o mercado interior, o que fai que os prezos teñan que baixar. En Europa o prezos das materias primas baixan, petróleo principalmente pero tamén outras materias. En todo o mundo fúndese o sector inmobiliario...

A mecánica é simple. A crise do crédito, afecta ao comercio internacional, reduce a demanda de materias primas e dos produtos cuxos prezos caen. Os países produtores, tocados a súa vez por ditos retrocesos, reducen as súas importacións e diminúen os seus prezos para soster a oferta. Unha espiral cara abaixo que ten o risco de autoalimentarse. Para certos países emerxentes, as consecuencias son nefastas.

Situados na súa incapacidade de equilibrar as súas relacións financeiras co resto do mundo, son a vangarda dos desordes monetarios e están sometidas polo FMI a novas restricións.

 A todo isto temos que engadir o repliegue da especulación. Os fondos que fixeron cartos co petróleo, os cereais ou o niquel, fixeron unha desbandada catastrófica, provocando unha caída en pidado nos parqués. É por isto que o barril de petróleo que valía 150 dolares en xullo pasa agora a valer so 50. Ocurriu unha cousa moi similar  na crise de 1.929.

Agora numerosos especialistas conversos á filosofía intervencionista do estado reclaman "unha acción intelixente do Estado como regulador dos mercados imperfectos". Algúns, tradicionalmente posicionados máis á esquerda constatan que na situación actual "soamente os Estados poden gastar" e defenden "un aumento coordinado dos orzamentos públicos", co fin "que a débeda pública reemplace á débeda privada". Pero tanto os especialistas liberais como os da esquerda en materia económica evitan abordar unha cuestión esencial: cal debe ser a fin destas accións da colectividade e do público, para que deberían servir, baixo que criterios? Debería consistir nun endurecimento das regras, máis para seguir facendo o mesmo, ou de cambiar as regras do sistema e a súa finalidade?

A cidadanía debería tomar parte activa (é hora de non baixar as orellas e facerse oír) neste momento histórico para forzar o cambio das regras do sistema cara unha maior transparencia e democratización dos sistema financeiro. A súa vez deberíase aproveitar para devolver o protagonismo aos entes  públicos que sexan garante do benestar da súa cidadanía e corrixan as desigualdades e desviacións do mercado.

Posto por MacLapfer.