Coñezo unha persoa que por razóns laborais ten que estar toda a semana en Viveiro, traballa no ámbito laboral. Había dez anos que non ía por alí, porque aínda sendo desa localidade na soberbia da xuventude dixera que se “exiliaba” das Terras do Landro, porque alí non había futuro para ninguén.
E cal foi a súa sorpresa cando viu que as cousas non mudaron moito neses dez anos, a parte do goberno municipal iso si (agora alí tamén goberna o bipartito progresista co apoio de esquerda unida).
Todo segue igual de mal, sobre todo para as mulleres, seguen a traballar no pequeno comercio firmando nóminas de 940 euros traballando de luns a sábado e os domingos de feira pero cobran 450 euros ao mes (isto no mellor dos casos).A unha xitana un hostaleiro lle dixo que lle facía un contrato de 2 meses, como axudante de cociña, cando finalizou o contrato e lle deu por pedir unha vida laboral só tiña 4 días cotizados. A esa mesma muller, outro hostaleiro da zona pretendía que pagase a seguridade social cos cartos da súa nómina.
O mellor salario e as mellores condicións laborais atópanse nunha fábrica que rolda os 800 euros ao mes, onde se queres que che renoven o contrato xa podes estar disposto a facer horas extras sempre que chas pidan e traballar os sábados.
No mar traen por convenio a indonesios que traballan por 600 euros ao mes, non cobran por marea, e cando pasan tempadas en terra os poñen a morea nas habitacións da casa do mar ou nos pisos franco dalgún armador.
A xente resignada, ou o tomas ou o deixas, a inspección de traballo, sinceramente brilla pola súa ausencia. Había un eslogan publicitario hai anos de Viveiro que dicía.
NO ES UN SUEÑO EXISTE.
O meu amigo di
NON É UN PESADELO EXISTE.
Posto por MacLapfer.
