Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Where is the party?

ofalarnontencancelas — 17-03-2007 GTM 1 @ 20:11 Tags:

 where1.jpg

Where is the party? é unha obra que fomos ver co colexio, moi divertida. Recomendoa a todos.

Vai dunha persoa andaluza que vai buscar o seu irmán que vai facer unha festa en Londres, e pásanlle cousas moi divertidas, xa que se producen moitas situacións que dan lugar a equívocos.

Posto polo  Trasno

Quixera eu saber...

ofalarnontencancelas — 15-03-2007 GTM 1 @ 09:08 Tags:

Porque desde que Dolce&Gabbana tiveron que retirar o seu polémico anuncio por incitar á violencia de xénero, en lugar de desaparecer do mapa non fago máis que velo por todos lados. Os medios de comunicación a reproducilo ata a saciedade e encima de xeito gratuito, miudo chollo para os deseñadores.

 Posto por Fror de Toxo

FEIRA MEDIEVAL COMPOSTELA 2007

ofalarnontencancelas — 14-03-2007 GTM 1 @ 12:54 Tags:

 

Este é un dos motivos polos que adoramos Compostela, calquera dia dando un paseo podes atopar algo coma esto: 

dsc01381.JPG 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

dsc01380.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

dsc01388.JPG 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

dsc01386.JPG

dsc01384.JPG

dsc01390.JPG

dsc01393.JPG

Spain Money Money

ofalarnontencancelas — 10-03-2007 GTM 1 @ 11:12 Tags:

20060120182004-tio-gilito.jpg 

Onte a noticia do día foi a publicación da lista das persoas máis ricas do planeta pola revista Forbes. Supoño que a nova en sí mesma pasaría sen pena nen gloria senón fose porque Amancio Ortega conseguiu escalar postos e xa ocupa a oitava posición. Pero ademáis parece ser que hai unha chea de incorporacións españolas á devandita lista, todas elas fortunas amasadas grazas ao ladrillo (que sorpresa). E ahí temos a todos os telexornais dando a nova a bombo e platillo, e os presentadores con cara de satisfación dicindo orgullosos "la lista Forbes habla español".  

 Parabéns aos afortunados, e ao resto xa podemos alegrarnos e irnos para a cama a durmir felices, ben se ve que vivimos nun lugar próspero. Pregúntome se os miles de empregados que traballan en moitos casos explotados para eses grandes homes tamén celebran a inclusión dos seus patróns na lista Forbes, porque non nos engañemos as grandes fortunas de miles millóns non se conseguen así como así, e os homes que se fan a sí mesmos non existen, son unha lenda ubana. So existen os especuladores, os explotadores ou as mezclas de ambos.

E ao final resulta que non vivimos nun lugar tan próspero, e que segundo a última enquisa de condicións de vida do Instituto Nacional de Estadística, referida ó 2005, un de cada cinco residentes en España viven por debaixo do umbral de pobreza, e tendencia é a aumentar. Na infancia a porcentaxe é de un de catro (o que veñen sendo  1,8 millóns de nenos) e o peor de todo é que a pesar de ter unha incidencia de pobreza infantil das máis altas do mundo desenrolado non existen programas específicos para a loita contra a pobreza ou a exclusión social destes nenos. Así que, sintoo moito señores dos medios de comunicación, pero se queren dar boas novas terán que invertarse outras, porque esta non me vale.

 

Posto por Fror de Toxo

Nunca lle dixeron non

ofalarnontencancelas — 08-03-2007 GTM 1 @ 13:03 Tags:

 


images9.jpg

X era un neno ao que nunca lle dixeron non. Dende pequerrecho sempre lle consentiron todo. O seus pais entendían que a educación debía ser o máis permisiva posíbel, para non coartar a súa potencialidade coma ser humano.

Que X  quería iso, pois iso, que X quería aquel outro, pois aquel outro. Que X cuspe ou roe ao seu curmán. Pois lle rimos a graza. Que lle pega a todos os compañeiros da gardería, pois non pasa nada.

E así foi medrando X, sen ningunha frustración. Xa que  dende pequerrechiño, non se tomaba ningunha decisión sen o consentimento de X. Na casa mercouse o ordenador que el quixo, a tele que el quixo, vistiu coma el quixo sempre, incluso cando chegou á adolescencia colaboraba na toma de decisións familiares dos seus proxenitores tanto a nivel familiar como de persoal da empresa familiar.

Ata se acostumaron ás saídas de ton cando non conseguía todo o que quería, porque a pesares de ter cartos e ser consentido, ás veces a vida é caprichosa e non nolo quer conceder todo.

Non entenderon, porque aquel profesor o expulsara cando se negou a apagar o móbil para entrar na clase.

Un día tivo moza, unha rapariga moi bonitiña, pero libre. Ao primeiro todo foi unha preciosa historia de namorados, como todas as historias cando dúas persoas se entregan ao amor.

Ata que un día a moza criu oportuno que esa historia debía rematar, e empezou a distanciarse de X, el percatouse que as cousas non ían tan ben coma sempre e perguntoulle se lle seguía a querer, ao que ela contestou NON.

Non daban crédito á noticia do xornal, non podía ser que o seu marabilloso fillo agredise esa rapaza cunha navalla, non pode ser, non poder ser! "este non pode ser o noso fillo".

 

Posto por MacLapfer

Candidatos Abril 2007

ofalarnontencancelas — 06-03-2007 GTM 1 @ 16:44 Tags:

Porque o feismo non existe só nas obras vellas ahí van dúas casas novas, cada unha delas coa súa boa parede de cemento. Buscamos gañador para o vindeiro mes.

dsc01378.JPG

dsc01379.JPG

As dúas Españas

ofalarnontencancelas — 05-03-2007 GTM 1 @ 16:39 Tags:

fachas.jpg aznar.jpg acebes.jpg



 


Unha vez mais alí temos, unha das Españas protestando nas rúas ao longo da xeografía do Imperio. Parecía adormecida, pero non,  estaba alí esperando o seu momento, alentada por un Partido Popular irresponsábel e ruín.

Sempre tivemos as dúas Españas, a herdeira do humanismo, a ilustración, a dos valores da solidariedade, da democracia, da tolerancia, da irmandade, da pluralidade, da liberdade, do amor... A que sempre sae perdendo, a que perdeu coa guerra civil, na ditadura, na transición de merda que tivemos (si de merda, estou farto das alabanzas á transición cando os únicos que cederon de máis fomos sempre os mesmos).

E está a outra España, a ruín, xenófoba,  racista, ignorante, visceral,  bruta, intolerante, irracional, analfabeta, egoísta,  capitalista,  mentirosa,  uniformadora,  bélica,  torturadora, a do odio....

Non podo deixar de sentir certa preocuación cando os vexo coas bandeiras preconstitucionais cheos de "sinrazón" oubeando coas vísceras e a man levantada.

Dicir que estou rodeado desta xente. 

Cando chegará a cordura?

 

Posto por MacLapfer

Novo gañador

ofalarnontencancelas — 05-03-2007 GTM 1 @ 11:51 Tags:

 Con todos vós a foto gañadora do mes de Marzo do noso concurso mensual de feísmo. En breve unha nova entrega.

dsc01368.JPG

Graxa hidroxenada

ofalarnontencancelas — 03-03-2007 GTM 1 @ 11:22 Tags:

 torrada.jpg

Agora que existe a cruzada da ministra Salgado en contra da obesidade, quixeramos compartir con todos vos a nosa cruzada persoal en contra da graxa hidroxenada ou parcialmente hidroxenada. 

A verdade é que non se fai moito fincapé nos perxuízos deste produto en ningunha campaña neste estado. Cando noutros coma Dinamarca obrigan a que os fabricantes especifiquen no seu etiquetado se os produtos están ceibes dela.

Dita graxa é nefasta para as arterias, xa que as vai "cementando" ata que se taponan, producindo posíbeis consecuencias como infartos ao corazón, ictus... a industria alimentaria emprega este tipo de graxas porque resultan baratas e axudan a conservar os alimentos, ademáis as graxas vexetais gozan de moita máis popularidade entre os consumidores que as de orixe animal.

Esta graxa a podedes atopar en multitude de produtos: case todas as marcas de galletas,xelados, toda clase de bollería, algunas chocolatinas, algúns pans de sandwich, margarinas, todo tipo de cremas como a nocilla...calquera produto deste tipo que non conteña manteiga é case seguro que levará graxa hidroxenada, incluso aqueles que fachendean de ser "beneficiosos para o colesterol".

Por iso é importante que leades o etiquetado antes de consumir calquera produto, e evitedes  os que a levan.

Sempre é mellor consumir grasa animal, con moderación, que aceites vexetais total ou parcialmente hidroxenados.

Posto por MacLapfer e Fror de toxo

A lista de Nestor Rego

ofalarnontencancelas — 01-03-2007 GTM 1 @ 17:05 Tags:

 

 regoci_39466.jpg

Non teño nada contra Rego, paréceme que foi un compañeiro de organización que fixo un traballo bastante digno nestes catro anos na xestión das áreas que lle correspondían. E tamén penso, dun xeito diferente, Portas tamén aportou moito á coalición de goberno dende a súa área de xestión.

Rego e Portas, á marxe das súas diferenzas ideolóxicas, representan dous xeitos moi diferentes de facer política. Rego é máis un home de xestión de despacho, e Portas é un político máis de corte "populista", un relacións públicas (de feito sacoulle moita rendibilidade política a este aspecto).

Pero á marxe dos protagonismos persoais, do cal non falta no BNG, aquí temos outro problema de fondo. A mala xestión das listas, a excesiva presencia da UPG, cando a nosa asemblea local amosa continuamente a súa pluralidade, e no momento tan delicado no que se atopa a organización na actualidade non podemos actuar dándolle o lombo á pluralidade.

Parte da militancia estamos moi "quentes" dende que os da UPG e os QUINTANISTAS nos quitaron o dereito á democracia participativa na última asemblea nacional, e non imos aturar que nos impoñan nada máis.

Persoalmente non me sinto identificado con ningún grupo da organización, non simpatizo nin con alternativa, nin con irmandiño, nin coa base, son un "independente" dos de verdade, pero estou moi quente coas actitudes que existen na organización dende que "cogobernamos" (actitudes como vaidades, pelotazos, aires de grandeza, maquiavelismo e populismo no nome do pragmatismo político...).

Finalmente, creo que temos que recuperar o norte, saber quen somos, xestionar e deixar participar de xeito democrático sen a obsesión do poder.

 

Posto por MacLapfer