Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A semana da paixón

ofalarnontencancelas — 06-04-2007 GTM 1 @ 12:59 Tags:

 semana-santa.JPG

Coa chegada da semana santa non nos damos librado de toda clase de manifestacións relixiosas , nada envexábeis en  calquera país ferventemente islámico.

E pensar que o de sacar os santos á rúa foi un invento da contrareforma, sobre todo nos países latinos e moi especialmente na península, para asustar ao pobo analfabeto para que non se arrimaran aos seguidores de Lutero.

Igorancia e relixión combinación moi propia do Estado Español.

Por isto reivindico que nesta semana exista unha alternativa socio cultural  laica e festiva, para os libres pensadores onde poidamos desconectar e entregarnos a outro tipo de "paixóns".

Posto por MacLapfer e Fror de Toxo

Novas Xeracións do PP.

ofalarnontencancelas — 03-04-2007 GTM 1 @ 09:51

 generapp1.JPG

Recibín isto dunha amiga por correo electrónico e pareceume tan tenro que quería compartilo.

Posto por MacLapfer.

Para cando as beirarúas?

ofalarnontencancelas — 02-04-2007 GTM 1 @ 18:05 Tags:

Esta é a pregunta que hoxe se fan en San Marcos despois de que onte á noite un veciño sufrira un atropelo mortal. Non é a primeira vez e sen nengunha dúbida non será a última. En pouco máis de dez anos tres persoas morreron atropeladas nun tramo de menos de douscentros metros.

 A pesar da construcción da nova autovía que leva ó aeroporto, a carreteira vella que une Lavacolla con Santiago segue soportando moito tráfico. Os veciños de San Marcos teñen que sufrir un constante trafego de vehículos que baixo o pretexto de que hai unha boa recta atravesan a localidade a toda pastilla, e todo isto sen un paso de peóns, un semáforo, ou un triste tramo de beirarúa.

As citadas beirarúas foron prometidas polo concello hai anos, disque.

Hoxe síntome impotente e por iso recurro á única ferramenta da que dispoño, este blog, para facer un pouco de presión. Sei que é como tirar unha botella ó mar pero non por iso vou deixar de intentalo.

Espero que o señor Bugallo recapacite e deixe de mirarse o embigo, o rural de compostela agoniza carente dos máis elementais servizos básicos, hai parroquias que se declaran en rebeldía reclamando a independenza (sorte veciños de Enfesta) doídos polo abandono do concello e o reiterado incumplimento das promesas polas que se anexionaron a compostela. Mentras o noso alcalde so se preocupa dos grandes proxectos propios da capital, aqueles que o levan a aparecer na prensa.

Ou mellor ainda (como o señor Bugallo xa dispuxo de dúas lexislaturas e nada nos fai pensar que esté disposto a cambiar o seu xeito de actuar nunha terceira) espero que eleitoralmente recolla os froitos da súa mala xestión. Merecemos un alcalde que invirta máis na mellora dos servizos e menos en bombardearnos con propaganda.

Tamén me anoxa a cantidade de individuos amorais que xermolan nesta sociedade enferma, capaces de seguir adiante e pensar que a súa vida vai seguir igual despois de segar unha vida e fuxir para non asumir responsabilidades, pero isto será motivo doutro post.

Posto por Fror de Toxo

Philip Catherine trio

ofalarnontencancelas — 01-04-2007 GTM 1 @ 11:54 Tags:

 philip_catherine_01_bastia2006.jpg

Onte fomos os tres ao concerto de Jazz  de  Philip Catherine trio, dentro da programación compostela jazz, no auditorio de galicia.

Nin que dicer ten que nos gustou, o jazz nunca me deixa de abraiar como tres músicos poden chegar a unha confluencia tan marabillosa.

Ademáis houbo unha canción na que nos fixo partícipe ao público, na que tiñamos que imitar tatareando as notas que o guitarrista tocaba, onde por un momento todo tipo de público confluíamos tamén nun tatareo máis ou menos desinhibido. As veces a comunicación non necesita máis.

En definitiva se un día tendes a oportunidade de velos, merece a pena.

Posto por MacLapfer.  

Campaña eleitoral

ofalarnontencancelas — 29-03-2007 GTM 1 @ 16:25 Tags:

Onte nun acto organizado polo concello celebramos os días da árbore e da auga.

Leváronnos a San Lázaro, onde había un contacontos, nos deron unha charla e nos agasallaron unha camiseta, un chuvasqueiro e un bocata cunha botella de auga. Tamén tiñamos que prantar árbores pero non puidemos por culpa da choiva.

Había unha mesa preparada con pinchos para as autoridades, e ó rematar Néstor Rego, o tenente de alcalde, nos dixo que se queríamos nos achegáramos a picar algo. Entón o noso alcade, Bugallo, sabedes qué dixo?, pois que foramos comer ás nosas casas. Seguro que si puideramos votar non nos dicia tal cousa.

Antes de marchar un amigo e máis eu berramos: "Bugallo, arranxa as nosas rúas." Puxo cara de non gustarlle moito pero el nos fastidiara antes a nos.

Posto polo Trasno

Mister Zaplana

ofalarnontencancelas — 29-03-2007 GTM 1 @ 15:51 Tags:

parecidos_razonables_eduardo_zaplana_cura_simpsons.jpg

Eu xa me espero todo deste persoeiro, que non deixa de abraiarme coas súas declaracións e os seus actos.
Por se non o sabíades, que seguro que si, vouvos contar algunhas curiosidades deste elemento:

- Dixo que estaba na política para enriquecerse.
- Foi alcalde de Benidorm que é todo un exemplo de urbanismo racional.
- Foi responsábel de terra mítica, o seu grande fracaso empresarial.
- É un gran coleccionista de reloxos de luxo (3.000 euros exemplar).

E agora a última nova:

- O Ministerio de Traballo négase a pagar unhas tres facturas de turrón de 23.000 euros solicitado polo equipo Zaplana cando estaban ao frente do ministerio, para ter detalles cos amiguiños.

Da gusto ver persoas coma esta dando leccións de moral ao próximo.

Posto por MacLapfer

O senador Nogueira

ofalarnontencancelas — 28-03-2007 GTM 1 @ 15:08

Liberdade de expresión

ofalarnontencancelas — 25-03-2007 GTM 1 @ 12:26 Tags:

 

 libertad_informacion.gif

 

Na liña de sempre os señores do PP que tanto alardean da liberdade, á liberdade existente no eslogan "Una, Grande Y Libre" , recomendan agora facer boicot ao grupo PRISA,  polas últimas declaracións de Polanco, nas que dicía que desexaba que existira  un partido conservador no Estado Español de corte laico e moderado, unhas declaracións por certo que proveñen dun empresario que non creo precisamente que peque de esquerdista.

Ben, pois estas declaracións foron moi molestas para a cúpula do PP, e propuxeron o boicot ao grupo. Claro deben botar de menos aqueles tempos de goberno cando controlaban case todos os medios de comunicación (os medios públicos, antena tres tv, a maioría das televisións autonómicas, a cope, onda cero....) e lles facían apoloxía do PP. Os tempos onde puñan ao propio Polanco contra as redes xudiciais, ou a calquera disidente da liña oficial.

De todos os xeitos aínda lles quedan moitos medios como  a cope, "teleespe" ou  Canal 9 onde a candidata Alborch leva 112 días sen saír no medio. Os da liberdade, que non respectan a liberdade de expresión.

 

Posto por MacLapfer.

Little miss sunshine

ofalarnontencancelas — 21-03-2007 GTM 1 @ 16:24 Tags:



little-miss-sunshine-poster-1.jpg

Esta fin de semana vimos en familia esta película, unha película que trata dunha nena á que se lle presenta a posibilidade de participar  nun concurso de misses infantís. Pero o concurso celébrase a centos de quilómetros do seu fogar. Debido a razóns económicas e outras de índole familiar deberán percorrer esa distancia nunha vella furgoneta todos os membros da familia (o seu avó adito á heroina esnifada, o irmán adolescente fervente admirador de Nietzche que leva 9 meses sen falar, o pai que escribiu un libro de autoaxuda sobre nove pasos para triunfar na vida, un tío gay que intentou suicidarse por unha historia de desamor e a súa nai estresada).
Van pasando por unha serie de situacións ao longo do camiño que provocan o sorriso, pero o que é mais importante provoca o pensamento. É unha película agradábel de ver que sen intentar ser demasiado pretenciosa, como outras que se fan hoxe en día, deixa un bo sabor no intelecto, reflectindo a decadencia da cultura norteamericana, a cultura do éxito, de esconder o fracaso, o feo, o non válido. O de negar a realidade ou maquillala. Pero tamén unha película ao favor da tolerancia e da importancia de ser un mesmo.
En fin unha película que recomendo a tod@s os que teñades hora e media que perder.

Posto por MacLapfer

China

ofalarnontencancelas — 18-03-2007 GTM 1 @ 13:56 Tags:

 images10.jpg

Tantas guerras libradas no mome dos valores occidentais e da democracia.

Dicindo que gobernos do mundo son dignos de ser ou non derrocados.

Decidindo que países son dignos de posuír armamento nuclear ou non.

Mentres tanto alí temos a CHINA, que estes días aposta por defender a propiedade privada, iso si so para os que conducen Ferraris ao caron das macro fotografías de MAO, os miserábeis do mundo rural terán que seguir compartindo co estado dita propiedade.

Iso si abrazando ao capital, pero seguindo incumprindo cos dereitos humanos, impedindo a democracia e a liberdade de expresión. En definitiva unha potencia emerxente mundial que combina o peor dos dous sistemas converténdose nun capitalismo de estado neofascista, tolerado por toda a comunidade internacional que tanto se lle enche a boca coas verbas "democracia occidental", "dereitos humanos"..., pero en certa medida é lóxico, a comunidade internacional non está gobernada por políticos senón polo capital transnacional que so ve o beneficio a curto prazo.

O peor é que están a alimentar a un hipotético futuro mónstruo imperialista, e cando se dean de conta pode ser demasiado tarde.

Posto por MacLapfer.