Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Le petit Sarkozy

ofalarnontencancelas — 28-02-2007 GTM 1 @ 16:53 Tags:

sarko.jpg

O amante dos toros, do viño, da Franza cañí como o seu amigo Rajoy amante da España "Una, Grande y Libre"

 Que lles pasa a dereita Hispano-Francesa que os únicos argumentos que lles queda é defender o viño. Calquera día vemos ao "petit Sarkozy" e ao "Rajoiciño" xuntos de botellón abrazados á Botella, sempre co permiso de Josemari I, ex sultán do Aznarato.

Posto por MacLapfer

Novo diccionario aznarista

ofalarnontencancelas — 27-02-2007 GTM 1 @ 21:00 Tags:

Leo no ABC que "el expresidente del gobierno José María Aznar apuesta por ampliar desde las Faes la base política del centro reformista, moderado y liberal."

 Tamén leo esto no diccionario de la lengua de la real academia española:

centro.

(Del lat. centrum, y este del gr. κέντρον, aguijón, punta del compás en la que se apoya el trazado de la circunferencia).




4. m. Tendencia o agrupación política cuya ideología es intermedia entre la derecha y la izquierda.

reformista.

1. adj. Partidario de reformas o ejecutor de ellas. U. t. c. s.

moderado, da.

(Del part. de moderar).

 

1. adj. Que tiene moderación.

2. adj. Que guarda el medio entre los extremos.

3. adj. Que no es extremista. U. t. c. s.

 

Eu alegraríame moitísimo de que apostase por eso que dí, pero a estas alturas non sei se pensar que non sabe empregar o castelán con correción ou que simplemente minte.

 

Posto por Fror de toxo

En positivo

ofalarnontencancelas — 26-02-2007 GTM 1 @ 15:48 Tags:

 cadeira.jpg

Hoxe quero facer unha crítica en positivo respecto á xestión de Vicepresidencia. Oín na radio que sa vai a construír un centro integral de rehabilitación para minusválidos en Santiago, que serva de  referencia para toda Galiza, o cal me parece fabuloso, pero o que aínda me gustou máis da nova é que van viaxar a Suecia para ver como funciona un centro de referencia no país escandinavo. A miña en hora boa, por aprender dos que saben, iso é unha boa virtude.

Posto por MacLapfer

VICEPRESIDENCIA

ofalarnontencancelas — 25-02-2007 GTM 1 @ 13:44 Tags:

 losada.jpg

Se o que din é certo,  Xavier deberías irte, e se menten pois que te vexa pelexar con unllas e dentes e os fagas calar.

De todos os xeitos gobernar a Xunta non implica herdar os malos modos de Don Manuel (berrar aos subordinados e bailar coas vellas).

Posto por MacLapfer

JOSÉ MARÍA FIDALGO

ofalarnontencancelas — 18-02-2007 GTM 1 @ 11:24 Tags:

images6.jpg

Cando vin estes titulares dunha entrevista a José María Fidalgo no progreso non sabía se eran declaracións dun lider sindical ou da Confederación de Empresarios.

"Que un joven cobre poco es una ley de vida que corrige el tiempo"

 "No tengo ninguna queja de Cuevas ni en lo personal ni en lo profesional"

  Titular do xornal "Un líder sindical que evitó un giro a la izquierda"

Comisións ¿Obreiras?

Posto por  MacLapfer

Os ex presidentes

ofalarnontencancelas — 16-02-2007 GTM 1 @ 09:07 Tags:

Moito se está a falar do estatus novo que se lle quer dar aos ex presidentes da xunta nun consello,seica para utilizar a súa "sabiduría" en futuras tomas de decisións, unha especie de comité de sabios vamos. Incluso falouse de se podía ser un cargo vitalicio cunha boa paga mensual, chofer, coche oficial e outra serie de vantaxes....
Nos tempos onde a toda unha xeración lle custa enormes esforzos xuntar anos de cotización para ter garantida unha pensión miserábel o día de mañá intentando fuxir da pantasma da pensión non contributiva, aquí falamos duns señores que polo mero feito de ocupar un cargo público (presidente da Xunta)non lles falte de nada de por vida a cargo dos orzamentos de todos e todas as galegas, presidentes que incluso ao longo do seu mandanto máis que gobernar nos desgobernaron ou nos desgobernan.
Xa sei, xa sei!!!! isto é demagoxia. Xa o sei, pero son os meus cartos. E coido que é suficiente co goberno escollido polo pobo nas urnas cada catro anos para velar polas intereses da nosa nación.

POR ISO DIGO NO MEU NOME NON!!

Posto por MacLapfer.

POLÍTICA DE ESQUERDA

ofalarnontencancelas — 13-02-2007 GTM 1 @ 09:53 Tags:

untitled.bmp 

Estes días a candidata socialista a presidencia da república francesa tivo que facer un adianto do programa electoral para recuperar posicións nas enquisas respecto ao seu contrincante conservador. Dito programa contiña cen propostas de marcado carácter social. Non cabe dúbida que Ségolène quer captar o voto da xente da esquerda que non é do Partido Socialista, xa que na Franza o abano da esquerda é moi amplo. Quer que lle presten o voto, como fixeron no Estado Español con Zapatero, que por certo nalgúns puntos saíulles o tiro pola culata, pero isto é outra historia. Esperemos que se Segoléne chegua a presidenta da République, cousa que penso é pouco probábel, cumpra cos cen puntos do programa .

A verdade é que estamos un pouco cansos a xente demócrata e de esquerdas de oír boas verbas sobor de políticas sociais, e cando chegan ao poder todo se volve en ser pragmáticos. A esquerda ten que gobernar con valentía, ben claro quedou que as tendencias do mal chamado novo socialismo, ou socialismo liberal, ou terceira vía, ou novo laborismo resultaron ser unha fraude rotunda ao favor do status quo e do capital transnacional. Para facer política desta índole xa temos aos partidos reformistas de corte liberal ou democristianos non necesitamos mais.

A esquerda ten que defender o intervencionismo de estado para previr e evitar as desigualdades sociais, para que toda a cidadanía teña os mesmos dereitos en canto a sanidade, servizos sociais e educación. Un goberno de esquerdas, ademáis ten que facer que ditos dereitos sexan universais, e non froitos da caridade e boa vontade da cidadanía ou dun grupo relixioso. Evidentemente un goberno de esquerdas debe garantir o cumprimento destes dereitos a través duns bos orzamentos conseguidos pola presión fiscal cara aos que mais teñen (subir os impostos, si señores subir os impostos).

Isto é o que ten que facer un goberno de esquerdas, calquera outra política é calquera outra cousa, pero non é de esquerdas.

Solto todo este rollo porque hai moita xente por alí, que di que é de esquerdas, pero so o son co corazón, xa que coa carteira seguen a ser de dereitas.

 

Posto por MacLapfer

A dobre vara de medir

ofalarnontencancelas — 11-02-2007 GTM 1 @ 12:42 Tags:

 

 images1.jpg

Non deixan de abrairme as xente do PP coa súa dobre vara de medir, e como non ía ser menos, no ámbito da xustiza tamén. Como se pode ter tanta cara de acusar aos do PSOE de manipular a xustiza se quen están a manipulala ao seu antollo son eles, xa que se un membro do constitucional fai un informe para a Generalitat de Pujol non pode votar no tema do estatuto, pero se un membro foi senador do PP non pasa nada.

Esta Democracia corre un serio perigo, nunca estivo o poder xudicial tan politizado e parcializado,  e so desexo que exista certa madurez política e democrática na cidadanía para que  non gañen os conservadores nas próximas xerais do 2008, porque se isto ocorre diría ben pouco ao favor , porque  sentiría que vivo redeado de  ignorantes ou o que é peor de fascistas .

 

Posto por MacLapfer. 

 

Candidatos Marzo 07

ofalarnontencancelas — 05-02-2007 GTM 1 @ 17:12 Tags:

 Este mes tocan obras inacabadas, a piques estivemos de poñer a Cidade da cultura, pero non atopamos una digna competidora para tan magna estructura.

A foto da primeria obra está situada no centro de Compostela e recordoa así dende polo menos hai uns trece anos. A outra sen comentarios.

dsc01369.JPG

dsc01368.JPG

Novo gañador feísmo

ofalarnontencancelas — 05-02-2007 GTM 1 @ 16:39 Tags:

Xa temos un novo gañador, ahí o poñemos, ben grande para que apreciedes toda a súa beleza.

ganador.jpg