Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Campaña eleitoral

ofalarnontencancelas — 29-03-2007 GTM 1 @ 16:25 Tags:

Onte nun acto organizado polo concello celebramos os días da árbore e da auga.

Leváronnos a San Lázaro, onde había un contacontos, nos deron unha charla e nos agasallaron unha camiseta, un chuvasqueiro e un bocata cunha botella de auga. Tamén tiñamos que prantar árbores pero non puidemos por culpa da choiva.

Había unha mesa preparada con pinchos para as autoridades, e ó rematar Néstor Rego, o tenente de alcalde, nos dixo que se queríamos nos achegáramos a picar algo. Entón o noso alcade, Bugallo, sabedes qué dixo?, pois que foramos comer ás nosas casas. Seguro que si puideramos votar non nos dicia tal cousa.

Antes de marchar un amigo e máis eu berramos: "Bugallo, arranxa as nosas rúas." Puxo cara de non gustarlle moito pero el nos fastidiara antes a nos.

Posto polo Trasno

Mister Zaplana

ofalarnontencancelas — 29-03-2007 GTM 1 @ 15:51 Tags:

parecidos_razonables_eduardo_zaplana_cura_simpsons.jpg

Eu xa me espero todo deste persoeiro, que non deixa de abraiarme coas súas declaracións e os seus actos.
Por se non o sabíades, que seguro que si, vouvos contar algunhas curiosidades deste elemento:

- Dixo que estaba na política para enriquecerse.
- Foi alcalde de Benidorm que é todo un exemplo de urbanismo racional.
- Foi responsábel de terra mítica, o seu grande fracaso empresarial.
- É un gran coleccionista de reloxos de luxo (3.000 euros exemplar).

E agora a última nova:

- O Ministerio de Traballo négase a pagar unhas tres facturas de turrón de 23.000 euros solicitado polo equipo Zaplana cando estaban ao frente do ministerio, para ter detalles cos amiguiños.

Da gusto ver persoas coma esta dando leccións de moral ao próximo.

Posto por MacLapfer

O senador Nogueira

ofalarnontencancelas — 28-03-2007 GTM 1 @ 15:08

cuerpo_43900.jpg

No PP tamén hai xente racional e razoábel, pero para poder manter esa racionalidade non lles queda outra que marchar da organización.
É o caso do senador Nogueira o cal abriu unha polémica por non cancelar unha entrevista coa SER. por que di:
"Simplemente he sido coherente con mi forma de pensar, y con el modo como yo entiendo que debe ser la política. Yo no veto a nadie en una democracia. No estoy de acuerdo con ese modo de actuar, pero tampoco quiero ser el armadanzas de nada. A mí esto se me escapa de madre. Yo digo lo que pienso y punto".
Tamén dixo:
"Si no estoy de acuerdo con algo, puedo debatirlo con la palabra. Como abogado que soy de profesión, creo en el diálogo, en la palabra y en el debate. Vetar es de tiempos pasados. Los que me conocen saben que yo siempre hablo con la gente, esté de acuerdo conmigo o no. Pienso que ésa es la base de cualquier democracia de cualquier y de cualquier estado moderno".
Este tipo de argumentacións non casan ben co Partido Popular de Acebes e Zaplana.

Posto por MacLapfer

Liberdade de expresión

ofalarnontencancelas — 25-03-2007 GTM 1 @ 12:26 Tags:

 

 libertad_informacion.gif

 

Na liña de sempre os señores do PP que tanto alardean da liberdade, á liberdade existente no eslogan "Una, Grande Y Libre" , recomendan agora facer boicot ao grupo PRISA,  polas últimas declaracións de Polanco, nas que dicía que desexaba que existira  un partido conservador no Estado Español de corte laico e moderado, unhas declaracións por certo que proveñen dun empresario que non creo precisamente que peque de esquerdista.

Ben, pois estas declaracións foron moi molestas para a cúpula do PP, e propuxeron o boicot ao grupo. Claro deben botar de menos aqueles tempos de goberno cando controlaban case todos os medios de comunicación (os medios públicos, antena tres tv, a maioría das televisións autonómicas, a cope, onda cero....) e lles facían apoloxía do PP. Os tempos onde puñan ao propio Polanco contra as redes xudiciais, ou a calquera disidente da liña oficial.

De todos os xeitos aínda lles quedan moitos medios como  a cope, "teleespe" ou  Canal 9 onde a candidata Alborch leva 112 días sen saír no medio. Os da liberdade, que non respectan a liberdade de expresión.

 

Posto por MacLapfer.

Little miss sunshine

ofalarnontencancelas — 21-03-2007 GTM 1 @ 16:24 Tags:



little-miss-sunshine-poster-1.jpg

Esta fin de semana vimos en familia esta película, unha película que trata dunha nena á que se lle presenta a posibilidade de participar  nun concurso de misses infantís. Pero o concurso celébrase a centos de quilómetros do seu fogar. Debido a razóns económicas e outras de índole familiar deberán percorrer esa distancia nunha vella furgoneta todos os membros da familia (o seu avó adito á heroina esnifada, o irmán adolescente fervente admirador de Nietzche que leva 9 meses sen falar, o pai que escribiu un libro de autoaxuda sobre nove pasos para triunfar na vida, un tío gay que intentou suicidarse por unha historia de desamor e a súa nai estresada).
Van pasando por unha serie de situacións ao longo do camiño que provocan o sorriso, pero o que é mais importante provoca o pensamento. É unha película agradábel de ver que sen intentar ser demasiado pretenciosa, como outras que se fan hoxe en día, deixa un bo sabor no intelecto, reflectindo a decadencia da cultura norteamericana, a cultura do éxito, de esconder o fracaso, o feo, o non válido. O de negar a realidade ou maquillala. Pero tamén unha película ao favor da tolerancia e da importancia de ser un mesmo.
En fin unha película que recomendo a tod@s os que teñades hora e media que perder.

Posto por MacLapfer

China

ofalarnontencancelas — 18-03-2007 GTM 1 @ 13:56 Tags:

 images10.jpg

Tantas guerras libradas no mome dos valores occidentais e da democracia.

Dicindo que gobernos do mundo son dignos de ser ou non derrocados.

Decidindo que países son dignos de posuír armamento nuclear ou non.

Mentres tanto alí temos a CHINA, que estes días aposta por defender a propiedade privada, iso si so para os que conducen Ferraris ao caron das macro fotografías de MAO, os miserábeis do mundo rural terán que seguir compartindo co estado dita propiedade.

Iso si abrazando ao capital, pero seguindo incumprindo cos dereitos humanos, impedindo a democracia e a liberdade de expresión. En definitiva unha potencia emerxente mundial que combina o peor dos dous sistemas converténdose nun capitalismo de estado neofascista, tolerado por toda a comunidade internacional que tanto se lle enche a boca coas verbas "democracia occidental", "dereitos humanos"..., pero en certa medida é lóxico, a comunidade internacional non está gobernada por políticos senón polo capital transnacional que so ve o beneficio a curto prazo.

O peor é que están a alimentar a un hipotético futuro mónstruo imperialista, e cando se dean de conta pode ser demasiado tarde.

Posto por MacLapfer.

Where is the party?

ofalarnontencancelas — 17-03-2007 GTM 1 @ 20:11 Tags:

 where1.jpg

Where is the party? é unha obra que fomos ver co colexio, moi divertida. Recomendoa a todos.

Vai dunha persoa andaluza que vai buscar o seu irmán que vai facer unha festa en Londres, e pásanlle cousas moi divertidas, xa que se producen moitas situacións que dan lugar a equívocos.

Posto polo  Trasno

Quixera eu saber...

ofalarnontencancelas — 15-03-2007 GTM 1 @ 09:08 Tags:

Porque desde que Dolce&Gabbana tiveron que retirar o seu polémico anuncio por incitar á violencia de xénero, en lugar de desaparecer do mapa non fago máis que velo por todos lados. Os medios de comunicación a reproducilo ata a saciedade e encima de xeito gratuito, miudo chollo para os deseñadores.

 Posto por Fror de Toxo

FEIRA MEDIEVAL COMPOSTELA 2007

ofalarnontencancelas — 14-03-2007 GTM 1 @ 12:54 Tags:

 

Este é un dos motivos polos que adoramos Compostela, calquera dia dando un paseo podes atopar algo coma esto: 

dsc01381.JPG 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

dsc01380.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

dsc01388.JPG 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

dsc01386.JPG

dsc01384.JPG

dsc01390.JPG

dsc01393.JPG

Spain Money Money

ofalarnontencancelas — 10-03-2007 GTM 1 @ 11:12 Tags:

20060120182004-tio-gilito.jpg 

Onte a noticia do día foi a publicación da lista das persoas máis ricas do planeta pola revista Forbes. Supoño que a nova en sí mesma pasaría sen pena nen gloria senón fose porque Amancio Ortega conseguiu escalar postos e xa ocupa a oitava posición. Pero ademáis parece ser que hai unha chea de incorporacións españolas á devandita lista, todas elas fortunas amasadas grazas ao ladrillo (que sorpresa). E ahí temos a todos os telexornais dando a nova a bombo e platillo, e os presentadores con cara de satisfación dicindo orgullosos "la lista Forbes habla español".  

 Parabéns aos afortunados, e ao resto xa podemos alegrarnos e irnos para a cama a durmir felices, ben se ve que vivimos nun lugar próspero. Pregúntome se os miles de empregados que traballan en moitos casos explotados para eses grandes homes tamén celebran a inclusión dos seus patróns na lista Forbes, porque non nos engañemos as grandes fortunas de miles millóns non se conseguen así como así, e os homes que se fan a sí mesmos non existen, son unha lenda ubana. So existen os especuladores, os explotadores ou as mezclas de ambos.

E ao final resulta que non vivimos nun lugar tan próspero, e que segundo a última enquisa de condicións de vida do Instituto Nacional de Estadística, referida ó 2005, un de cada cinco residentes en España viven por debaixo do umbral de pobreza, e tendencia é a aumentar. Na infancia a porcentaxe é de un de catro (o que veñen sendo  1,8 millóns de nenos) e o peor de todo é que a pesar de ter unha incidencia de pobreza infantil das máis altas do mundo desenrolado non existen programas específicos para a loita contra a pobreza ou a exclusión social destes nenos. Así que, sintoo moito señores dos medios de comunicación, pero se queren dar boas novas terán que invertarse outras, porque esta non me vale.

 

Posto por Fror de Toxo