Para rematar o mes de xuño unha canción máis para a sección a música de MacLapfer. A necesitaba para empezar a semana.
Para rematar o mes de xuño unha canción máis para a sección a música de MacLapfer. A necesitaba para empezar a semana.

Os/as Irlandeses/as dixeron "Non", un precioso "Non", franco, masivo, pero algúns opinan que non é un "Non" de esquerdas.
De todos os xeitos eu sempre dixen que o procedemento do Tratado de Lisboa (o mini-tratado que non fondo era tan longo coma o Tratado Constitucional) era igualmente unha trampa perigosa para os valores democráticos que proveñen da ilustración, e que se traducen na praxe en políticas de participación cidadá, democracia radical e sociedade do benestar.
Non por iso, os que estamos polo non, somos antieuropeistas. Moitos persoeiros supostamente representantes da esquerda europea pero que no fondo son defensores do pensamento único, igual que os seus correlixionarios liberais, se burlan do NON IRLANDÉS dicindo que aglutina a un multimillonario oposto á harmonización fiscal, aos anti abortistas, anti divocio, anti vodas gais e ultranacionalistas... resumindo, que o NON non aglutina á xente de esquerdas senón aos neocons e ultraliberais.
Todo menos avaliar o problema de fondo, que é o divorcio entre a cidadanía e esa Europa que están a construír dende hai máis de 50 anos a élite do continente. Faime graza cando Sarkozy e Merkel cando din que o Tratado de Lisboa non está morto e que se debe seguir co proceso amosando un autismo espectacular pola súa banda diante deste rexeito masivo Irlandés, non sendo capaces de ver que a construción Europea está a atravesar a crise máis aguda da súa historia. Unha crise sumada á económica, onde unha Europa enorme (27 membros) se pregunta sobre as súas fronteiras e a súa potencia. Unha crise de confianza dos seus cidadáns respecto ás súas institucións descarnadas e tecnócratas. Unha crise de fe dos Europeos na capacidade da UE para aportarlles progreso económico e social, para mostra un botón co acordo dos 27 ministros de emprego que están dispostos a autorizar que “os traballadores Europeos traballen ata 60 ou 65 horas á semana.
Así que finalmente dicirlles aos da élite que gobernan aos Europeos pero sen os Europeos que o NON está mais que xustificado, porque non conta nin coa cidadanía, e destrúe os dereitos humanos e sociais que tanto caracterizou a Europa que eu desexo. Posto por MacLapfer
O único aleluia que puiden tararear na miña vida
Posto por MacLapfer

«Os políticos da UE apóianse nunha visión utilitarista da inmigración”, comentou Claude Quémar, do Comité para a anulación da débeda do terceiro mundo (CADTM), cando debuta o exame polo Parlamento Europeo da “directiva retorno” que intenta harmonizar as lexislacións relativas á retención e expulsión dos sen papeis. A filosofía desta “directiva da vergoña” vai «en contra do respecto dos textos fundamentais da defensa dos dereitos humáns, do dereito de asilo e mesmo da nova tarta do codesenvolvemento”xulga Claude Quémar.
Claude Quémar. «Dende hai anos, a Unión Europea abandeira a loita contra a inmigración chamada “clandestina” ». A directiva en discusión dende fins do 2.007 é un paso importante cara a harmonización da lexislación en materia de retención e expulsión das persoas en situación irregular por dúas razóns esenciais: O proxecto da Comisión esta sometida á vez ao Consello e ao Parlamento Europeo o que lle dará mais lexitimidade; pero sobre todo, trátase dunha harmonización “á baixa”, isto quer dicer menos protección.
Posto por MacLapfer
Coma teño o día un pouco sensual poño este video.

![]()
Hoxe lin dúas novas que me preocupan. A primeira é que a U.E. quer ampliar a xornada laboral a 48 horas semanais puidendo extenderse así a xornada a 65 horas. A segunda que queren meter man aos blogs coa creación dun DNI de bloguers para ternos controladiños.
Agora que parecía que podían soplar ventos de cambio no Imperio, aquí na vella Europa parece que imos cara posturas máis propias do século XIX con amplias xornadas de traballo e control fascista da cidadanía.
Non sei onde imos ir a parar, e canto estamos dispostos a aturar.
E o que é peor canto tempo máis poderei escribir no meu blogue.
Posto por MacLapfer.

Parece ser que ao mellor a militancia de BNG ten a posibilidade de acudir a unha Asemblea Nacional sen delegados, pero iso si barállase que sexa extraordinaria exclusivamente para escoller o candidato á Xunta, nada un paripé para manter á militancia contenta e pense que a súa opinión ten importancia no seo da organización.
Espero, que os "críticos" que tanto laiaron pola perda do asemblearismo nacional loiten agora dende o Consello Nacional para que nesta Asemblea sexa oridinaria e intenten recuperar a Democracia participativa na organización e poder de novo discutir as teses políticas entre todos e renovar se cómpre os órganos de dirección.
Vai sendo hora que se recupere a verdadeira esencia da organización e desexábel que a militancia do BNG loite en contra da deriva cara a posturas menos democráticas.
Posto por MacLapfer
Con esta canción, The River (1.980) descubrín ao "Boss" e despois percorreu comigo gran parte do camiño da miña xuventude. Por isto pensei que era importante que tamén estivera na sección de música de MacLapfer.
Posto por MacLapfer

O flamante e novo alcalde de Londres Johnson cortará polo sano o gasóleo que a compañía estatal Petróleos de Venezuela (PDVSA) suministra por debaixo do prezo de mercado ao transporte público londinens acordado co alcalde anterior Ken "o roxo". Este aforro na factura do combustíbel destinábase a sufraxar o transporte de ata 250.000 parados ou discapacitados con residencia na capital británica. A cambio, expertos en planificación, vivenda e transporte urbano asesoraban ao Goberno de Chávez.
Era un acordo exemplar de relación norte-sur con beneficios mútuos un xeito de facer unha economía alternativa á fundamentalista neoliberal e global que ao darlle carpetazo dende a dereita xenocida perxudica unha vez máis aos máis desfavorecidos tanto do primeiro como do terceiro mundo.
Agora que os británicos sigan a votar Tories.
Posto por MacLapfer.