Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: O rincón do trasno

BOAS FESTAS A TOD@S

ofalarnontencancelas 18/12/2007 @ 17:27

 


postal-xoel.jpg

 

 

Un ano máis chega o nadal e aínda que non somos entusiastas destas datas os tres vos desexamos unhas Boas Festas e un próspero Ani Novo 2008. O trasno fixo este debuxo para todos vós, esperamos que vos guste.

 

MacLapfer, Fror de Toxo e Trasno.

A España plural?

ofalarnontencancelas 24/09/2007 @ 15:32

 

images30.jpg images29.jpg

O outro día o Trasno foi a un parque cun amigo a xogar ao balón. O Trasno levaba unha gorra do barça e o seu amigo unha camiseta do atlétic de Bilbao, o caso foi que cando pasaron ao carón doutros nenos que tamén estaban a xogar un partidiño, estes berraron "NON...." e o Trasno mailo o seu amigo non entendían moi ben a que viña ese berro e educadamente lles pergutaron  "Non que?" . Ao que lles contestaron lucindo o seu balón do Real Madrid, non podedes xogar con nós.

O Trasno non tiña pensado pedirlles para xogar, pero aínda así quedou bastante fastidiado por este tipo de comportamento excluínte. 

Xa sei que soamente son nenos, pero os nenos reproducen a través dos seus xogos o modelo social no que están mergullados. Un modelo que non acepta aínda moi ben a pluralidade.

Posto por MacLapfer e Trasno.

O final de Harry Potter

ofalarnontencancelas 19/05/2007 @ 18:48


Hoxe atopamos este hipotético final para a saga de Harry Potter, é un final un  tanto "muggle" pero divertido.

Por certo o video reflicte moi ben a relación entre Harry e Snape.

Posto por Trasno e Fror de Toxo.

Campaña eleitoral

ofalarnontencancelas 29/03/2007 @ 16:25

Onte nun acto organizado polo concello celebramos os días da árbore e da auga.

Leváronnos a San Lázaro, onde había un contacontos, nos deron unha charla e nos agasallaron unha camiseta, un chuvasqueiro e un bocata cunha botella de auga. Tamén tiñamos que prantar árbores pero non puidemos por culpa da choiva.

Había unha mesa preparada con pinchos para as autoridades, e ó rematar Néstor Rego, o tenente de alcalde, nos dixo que se queríamos nos achegáramos a picar algo. Entón o noso alcade, Bugallo, sabedes qué dixo?, pois que foramos comer ás nosas casas. Seguro que si puideramos votar non nos dicia tal cousa.

Antes de marchar un amigo e máis eu berramos: "Bugallo, arranxa as nosas rúas." Puxo cara de non gustarlle moito pero el nos fastidiara antes a nos.

Posto polo Trasno

Where is the party?

ofalarnontencancelas 17/03/2007 @ 20:11

 where1.jpg

Where is the party? é unha obra que fomos ver co colexio, moi divertida. Recomendoa a todos.

Vai dunha persoa andaluza que vai buscar o seu irmán que vai facer unha festa en Londres, e pásanlle cousas moi divertidas, xa que se producen moitas situacións que dan lugar a equívocos.

Posto polo  Trasno

Noite no museo

ofalarnontencancelas 30/01/2007 @ 17:45

247367474nochemuseo_grande2.jpg

O outro día fumos os tres ó cine a ver esta peli, a mín gustoume moito. Ben Stiller e Owen Wilson son os mellores actores do mundo, río moito con eles.

O que máis me gustou da película foron os efectos especiais, sobre todo o simpático dinosaurio. A personaxe de Owen Wilson está moi ben, e a súa relación con Octavio é do máis divertido.

Unha estupenda opción para pasar unha boa tarde en familia.

Posto polo Trasno

O Trasno na escola

ofalarnontencancelas 19/01/2007 @ 10:14

images3.jpg

Hoxe no almorzo contoume o trasno, que el e o seu grupo de amig@s, lle chaman á materia de "coñecemento do medio" "Cemento do medio". Tal como están as cousas co tema do urbanismo hoxe en día pois a verdade fíxome ben graza.

Infancia, cando a creatividade e o inxenio forman parte da normalidade.

Posto por MacLapfer

Recomendacións de lectura do Trasno.

ofalarnontencancelas 07/01/2007 @ 11:43

Libro: Marea negra. Editorial A nosa terra.

Recomendo este libro porque foi un dos que mais me gustou dos que lin no seu día. Por que é unha fábula sobre a traxedia do prestige que tivemos en Galiza e que tranquilamente pode volver a pasar calquera día.

Libro: O Trasno da Catedral de Santiago. Editorial Tambre.

Aínda que foi un libro recomendado no cole pare ler este nadal, teño que dicir que me gustou moito porque fala dun Trasno que facía trasnadas pola cidade de Santiago dende a época na que se construía a catedral ata os nosos días.

Posto polo Trasno (e non son o do conto).

Debuxo

ofalarnontencancelas 27/11/2006 @ 15:40

Ola a todos,

 Aquí tendes un dos motivos polos que non participo moito deste blogue, é para un concurso que todos os anos organiza o meu concello.

 dsc01306.JPG

Posto por Trasno.

O INFINITO

ofalarnontencancelas 23/11/2006 @ 16:40

 

 

infinito.jpg

 

 

Cando o Trasno era moi pequeno, non sei exactamente a idade que tiña, pero non superaba so tres ou catro anos oíu unha conversa que tiñamos os adultos. Desas conversas transcendentais que as veces se teñen e que nesa ocasión versaba sobre o infinito. Nun silencio no medio da conversa, o trasno dixo todo cheo, o infinito está aquí, sinalando co dedo índice a súa fronte. 

 Posto por MacLapfer