Fundación Secretariado Xitano
Últimamente non fai mais que sair na prensa novas sobre esta fundación do estupendísmos que son, e de canto fan polo colectivo xitano. Quixera facer unha serie de puntualizacións ao respecto desta fundación, a nivel informativo, para que saibades de quen se trata.
É unha das inumerábeis fundacións vinculada co mundo da igrexa (que raro!), que sobreviven grazas a orzamentos públicos.
Perceben fondos públicos a nivel europeo, estatal, das distintas comunidades autónomas e a nivel local en toda España.
Supostamente traballan en dúas areas no ámbito social e no ámbito do emprego co programa ACCEDER para inserción socio laboral do colectivo xitano.
O cumprimento dos seus obxectivos é mais que dubidoso, é máis hai moitas outras asociacións e organizacións políticas xitanas que dubidan da súa boa intención.
Ademais mercan case todos os locais onde realizan as súas actividades, xuntándose cun patrimonio inmobiliario por toda a península grazas aos cartos públicos que son de todos.
Sábese tamén que xitanos/as con verdadeiros problemas sangrantes foron abandaoados á súa sorte. Iso si, non teñen ningún problema en utilizalos diante dos medios de comunicación (fan recopilación de novas) para seguir a conseguir fondos.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



