Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Maio 2009

Asemblea 10 de maio BNG

ofalarnontencancelas 06/05/2009 @ 11:49

 

images74.jpg

 

Este domingo 10 da maio vaise decidir o futuro da organización política do BNG. Falan de 4 listas nada menos que optan a liderar a organización.  

Se vos son sincero, a min os personalismos non me interesan. O único que espero dese futuro consello nacional e que tome medidas valentes para a rexeneración democrática da organización volvendo ao asemblearismo e por suposto pasando páxina aos comportamentos tan pouco afortunados que se tiveron nas áreas de responsabilidades do bipartito que non volverei a dicir.

 

Creo que non é tanto pedir, que o BNG  volva a ser esa organización da cidadanía nacionalistas e de esquerdas que teña unha estrutura organizativa horizontal no que cada muller e cada home teñen dereito a influír no devenir da súa organización. Quen lidere este proxecto con estas condicións, independentemente da lista que veña, benvido sexa.

 

O problema é que moi poucos defenden abertamente a volta ao asemblearismo polo que de poder votar, non son militante, hai dúas listas que non me inspiran confianza, porque non din abertamente que queiran que o BNG volva a ser asembleario.

 

Sería un grande erro e retroceso que o BNG non volva ao asemblearismo cando nas forzas altermundistas e da nova esquerda  no mundo estase a pór en dubida o modelo organizativo dos partidos clásicos, modelo polo que babea algunha das listas que se apresenta por certo.

 

 

Finalmente, dicir, que eu vou estar moi atento ao que ocorre o domingo dez de maio, porque aínda que nas eleccións á xunta castiguei á organización polo seu retroceso democrático e pola súa pésima xestión á fronte da xunta, estaba disposto a devolverlles a confianza nas europeas, pero se vexo que o BNG segue con máis do mesmo, se non se produce unha rexeneración democrática da organización, entón que non conten comigo. Non necesito outra organización clásica desfasada, non necesito máis do mesmo. E tería que esperar que no panorama galego naza outra organización política que me represente.

 

So me resta por dicirlles a militancia que vaia acudir o 10 de maio que reflexione ben o seu voto, porque non so está nas súas mans o futuro da súa organización senón o futuro do nacionalismo galego en xeral, en definitiva de Galiza. ÁNIMO, e espero poder votarvos en xuño.

 

Posto por MacLapfer.