Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Abril 2009

Outro tipo de Banco.

ofalarnontencancelas 23/04/2009 @ 07:47


images73.jpg

 

Hai unha cooperativa de 36.500 membros en Suecia que é dona dun Banco. Neste Banco os membros préstanse cartos uns aos outros sen intereses. Non é un conto de fadas, nin unha utopía. Chámase JAK (http://www.jak.se/int/).

As oficinas da coopertiva bancaria están por todo o país: na casa de cada membro, en cada obradoiro, horta...JAK é unha asociación, tamén é un banco, pero por riba de todo é un movemento social. Un movemento social que naceu en 1.965 e que non para de medrar.

Prestar cartos sen intereses non é nada novo. Faise as veces entre familiares e amigos. A novidade é o tamaño do grupo. Non se trata de cinco ou dez persoas, senón de 36.500 (aproximadamente 1.500 membros novos cada ano). Unha das críticas de JAK aos intereses é que perxudican ao 90% da poboación.

Hoxe JAK conta con aproximadamente trinta empregados aos que lles hai que pagar un soldo, e non so iso, tamén ten outros gastos fixos. JAK, é, polo tanto, unha coopertiva que ofrece un servizo profesional aos seus membros.

Para pagar este servizo, os beneficiarios dos préstamos teñen que pagar unha tasa administrativa. É o custe real do préstamo.Para asegurar que o sistema non se pare e que novos membros podan beneficiarse de préstamos sen intereses, JAK inclúe nos seus préstamos unha cláusula de aforro obrigatorio. Resumindo: se tomas un préstamo de 50.000 euros a devolver a 20 anos, JAK obrígache a aforrar outros 50.000 euros nunha conta paralela aberta e blindada. Cando rematas de devolver o préstamo, JAK che abre a conta e podes dispor dos 50.000 euros. ?Que fixo JAK ao longo dese tempo con eses cartos?. Pois prestalos a outros membros.

JAK é unha cooperatova democrática que da moita importancia á formación dos seus membros. Invirte cartos nilo e non o fai en publicidade. Os membros asisten a cursos organizados por JAK e con ilo está mellor preparados para presentalo a todos os seus contactos. JAK tamén apoia a outros proxectos que queiran sacar adiante iniciativas similares noutros países. Unha asociación Italiana o está intentando.(http://www.jakbankitalia.it/
 

CAUTIVOS DO PROGRAMA ELECTORAL

ofalarnontencancelas 22/04/2009 @ 08:22

 

no300_243273.jpg

 

Vázquez continúa a enarborar a bandeira da liberdade de elección lingüística, como Feijóo o fixo durante a campaña electoral. "Nós entendemos que é unha situación complicada pero que evidentemente compartimos a voz da rúa, e de feito está no programa electoral porque nós cremos que non era lóxica a situación que se estaba dando. Nós entendemos que hai que darlles maior liberdade de elección aos pais, aos profesores e aos alumnos. Entendemos tamén que en Galicia hai dúas linguas oficiais e que a xente debe de poder opinar e elixir e que vai ser e así estaba no programa como un dos puntos fortes e por tanto levarase a cabo no tempo debido. Non vou falar nin dun mes, nin de dous, nin dun ano, aínda non temos polo de agora o equipo de traballo. É unha promesa electoral e ímola cumprir, por suposto", reitera.  GALICIA HOXE.

Van ser cautivos do seu programa electoral, estes "seudo defensores da liberdade" que queren derrogar o decreto da lingua baixo en defensa da libre elección da lingua na que os pais queremos que os nosos fillos se formen. Porque parece ser que o castelán corre perigo.

O meu fillo foi educado nunha escola unitaria rural en galego, foi baixar a cidade para facer a primaria e xa se fodeu todo, totalmente castelanizado ata hoxe que está na ESO (por certo na primaria galego impartíao unha Andaluza que non tiña moito idea da nosa lingua).

Sr Vázquez, xa que vai aplicar o aparheit lingüístico, espero e esixo, como pai que son e que quero tamén ter a liberdade de escoller, ao menos que os galegos falantes sexamos de segunda, que o meu fillo poida realizar toda a súa educación na lingua de Rosalía.

E se tan democrático e defensor da liberdade e Vostede e o Sr. Feijoo supoño que non poñeran problemas á miña petición, custe o que custe.

Pero moito me temo que o que esconden e coma sempre un desprezo pola nosa lingua, e agora dirán que a segregación en tempos de crise non procede porque sae moi caro. Iso si o decreto haino que derrogar e nestes momentos de crise creo que a lingua que se vai ter que sacrificar e o Galego...

Posto por MacLapfer

Evo Morales

ofalarnontencancelas 15/04/2009 @ 13:07

 

images72.jpg

 

Evo Morales parou a folga de fame o martes pola mañá despois de que obtivo do congreso a confirmación de aceptar a nova lei electoral, que vai rexir os escrutinios presidenciais e lexislativos do 6 de decembro. Evo empezou como ben sabedes a folga o xoves en compañía de 14 dirixentes sindicais próximos ao  poder, para presionar ao parlamento.

Despois de nove horas de debate e duras negociacións, os parlamentarios das dúas cámaras, reunidos no congreso adoptaron o compromiso de crear un novo rexistro electoral actualizado e biométrico, con pegadas dixitais, que se usarán nas próximas eleccións de decembro e no escrutinio de abril do 2010 destinado a renovar os gobernadores.

Dito rexistro foi unha demanda da dereita que está na oposición, que é maioritaria no senado pero que está en minoría no congreso, que xulgaba o rexistro actual viciado de irregularidades e que quer garantir transpariencia. Esta medida terá un custe de 26 millóns de euros, que terá que ser financiado sobre un orzamento que estaba destinado a mercar un avión para o presidente.

Pero a nova lei tamén vai permitir organizar o voto dos cidadáns/ás de Bolivia do estranxeiro e acorda sete escanos reservados aos representantes dos pobos indíxenas, dous puntos que foron cruciais na negociación.

2000 persoas ao través de todo o país estaban dispostas a unirse á folga co presidente. Pero non fixo falta. Evo Morales declarou: "Co apoio do pobo, é posíbel de parar a eses pequenos grupos que pasan o tempo a causar perxuizos ao congreso". Todas as enquisas indican que o presidente é favorito á reelección.

Parecíame interesante compartir esta información sobre Evo mais que nada porque xeralmente soen dar unha imaxe bastante pexorativa deste lider político sudamericano, propiciado sobre todo pola dereita mediatica.

Posto por MacLapfer

 

CUMIO G 20

ofalarnontencancelas 08/04/2009 @ 12:44

 

images71.jpg

 

Se nos grandes cumios internacionais normalmente non se saca nada en limpo, parece ser que o último cumio do G20 non foi así . Mais aló do balance positivo, polas impresións inquietantes sobre o devenir e os silenzos reveladores dos contrincantes políticos obrigan a unha lectura en profundidade da declaración final. Tres asuntos quedaron practicamente ausente do cumio: o relanzamento fiscal, o saneamento dos sistemas financeiros e a reforma do goberno mundial.

O cumio amosou que é mais doado coordinarse a nivel mundial sobre un enorme plano de relanzamento por creación monetaria que sobre un plano de relanzamento fiscal. Como os paises,en particular os europeos, rexeitaron un relanzamento que mermara os orzamentos das contas dos estados, pediron ao FMI, ao Banco Mundial e aos diferentes bancos rexionais de desenvolvemento un relanzamento "fora dos orzamentos" para a creación de liquidez. Dita liquidez serán benvidas para os paises emerxentes que viron o acceso aos mercados financeiros fecharse dende o autono pasado. Isto non quita que os países europeos (Alemaña en cabeza) dixeran non a un plano de relanzamento fiscal coordinado porque esperan que os outros (Estados Unidos, China e Xapón) o faga no seu lugar. Polo que probabelmente se perdese unha oportunidade de ouro pra facer un grande plano de relanzamento fiscal coordinado.

En canto ao saneamento dos sistemas financeiros, a declaración do G20 non é mais cunha curta lista de boas intencións. Nembargantes, sen a posta en marcha realista do sistema financeiro mundial, non se poderá contar que o crecemento sexa proxímo. O G20 debería poñerse as pilas neste asunto xa que a saúde dos bancos dun país terá o impacto noutro. O membro mais importante do G20, Estados Unidos, decidiu xusto antes do cumio realizar o plano "Geithner" que evita limpar o sistema financeiro e deixa aos bancos transformarse no que os ianquis chaman "zombis": escóndese o feito de que  un banco sexa insolvente, e se deixa que funcione, pero xa non son verdadeiros bancos xa que xa non dan créditos nin as empresas nin as familias. De repente, cambian as súas regras contábeis para esconder os seus verdadeiros balances e orzamentos. Todo para evitar a nacionalización, por ideoloxía anglosaxona, os ianquis decidiron sobrepagar os activos tóxicos dos bancos coas subvencións públicas. Négase a realidade e faise unha enorme transferencia aos banqueiros que dende logo dende o meu punto de vista non o merecen en absoluto.

Os Europeos tampouco queren ver a realidade de frente. Nembargantes, os investimentos dos seus bancos en Europa do Este están a crear riscos inmensos e mal calibrados. Moitas veces se dixo que o cumio marcaba unha vitoria do FMI. pero, este, ao través da boca de Dominique Strauss-Kahn, insistiu moito, sobre a importancia para os gobernos de controlar seriamente e colectivamente os balances dos bancos.  Rol que non se está a cumprir. O silenzo do G20 sobre este asunto amosa que limpar o sistema bancanrio nacional require decisións e orzamentos que serán máis difíciles para os gobernos que pedir ao FMI de crear liquidez.

Non hai nada concreto tampouco sobre o goberno das institucións financeiras internacionais (FMI , BM) e a superrepresentación dos países ricos (particularmente europeos). Ningunha concesión sobre esta cuestión aos países emerxentes ou en vía de desenvolvemento. Vaise seguir a prestarlles moitos cartos pero non lles damos peso. A relación practicamente non cambiou nada.

Este cumio enterra o consenso de Washington, en canto á esixencia de austeridade fiscal en plena recesión. Pero sobre todo porque os países ricos tiñan medo que este consenso se lles revirara contra eles nesta situación actual.

En definitiva creo que este cumio non se atreveu a abordar o problema con realismo e sensatez e simplemente seguen a negar a realidade e a pór parches no lugar de planificar un cambio de modelo radical ademáis con estas políticas  pódese establecer unha relación de rencor entre os países ricos e emerxentes.

Posto por MacLapfer

Por bo camiño?

ofalarnontencancelas 01/04/2009 @ 08:09
images26.jpg

Lin hoxe na nosa terra que o BNG vai concurrir con ERC ARALAR e EA nas próximas eleccións europeas.

Moita xente critica esta opción dicindo que da unha visión do BNG radicalizada e alonxada do centro nacionalista e que isto lle vai producir máis problemas que beneficios.

Persoalmente, dende a miña humilde opinión, estas alianzas son máis naturais que as que seguiamos a manter con CIU , tanto ideolóxicamente como na praxe política (aínda que nesta lexislatura nos achegaramos a praxe política destes últimos). Ademáis sería importante dicer que parte de CIU non nos queren, porque goste decilo ou non pero UDC é de dereitas compartindo moitos puntos programáticos co PARTIDO POPULAR.

En definitiva, góstame este cambio de socios, socios que a min persoalmente sempre me pareceron os maís coherentes para acudir a Europa e espero que o sigan sendo, isto faime ver unha pequena luz ao final do túnel do BNG que me fai pensar que imos polo bo camiño. Se ademáis na Asemblea de maio se decide a volta ao asemblearismo, daría por concluída o proceso de Refundación e me recuperarían como votante.

 

Posto por MacLapfer