Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Marzo 2009

REFUNDACIÓN DO BNG

ofalarnontencancelas 17/03/2009 @ 08:29

untitled1.bmp

 

 

 

 

 

Refundación do BNG?

 

Todos/as nos dimos por enterados dimitiron no BNG, e van facer unha asemblea en maio para ver quen dirixe a organización a partires de entón. Ate aquí todo me pareceu que todo ía polo bo camiño sobre todo  cando vexo que todo o mundo está  de acordo e satisfeito.

 

 Pero a medida que ían pasando os minutos a miña satisfacción ía reducíndose porque hai algunhas cousas que aínda non  rematan de  convencerme; primeiro que a asemblea de maio seguirá sendo unha asemblea por delegados, ampliada iso si (parece ser para satisfacer aos críticos), pero por delegados ao fin e ao cabo 1 por cada 4 militantes. Argumentan que por non sei por que problemas non se pode volver ao asemblearismo. Ademáis, non existiu parece ser, polo que se di por alí unha fonda autocrítica das accións de goberno realizadas estes catro anos, incluso teño ouvido na radio certa satisfacción e autocomplacencia polo traballo realizado (tema consorcio por exemplo) por parte dalgún membro da executiva saínte ao respecto .

 

Teremos que esperar a ver o que pasa, pero dáme a sensación de que onte o que se pactou foi un novo reparto de poder na organización para elaborar outra lista conxunta onde todo o mundo quede satisfeitos e a voten os delegados/as, espero e desexo sinceiramente estar errado, e espero que se isto fose así que nin Camilo Nogueira nin  os membros de Encontro Irmandiño   me defrauden e  pasen polo aro deste reparto sen loitar pola volta do Asemblearismo e da Democracia participativa na organización, porque isto sería fechar a crise en falso.

 

O BNG, debe REFUNDARSE honestamente  nunha organización ASEMBLEARIA onde teñan prioridade as mulleres e os homes da organización frente aos grupos e partidos que podan existir na mesma. UNHA MULLER, UN HOME UN VOTO. Esta é a única solución e a filosofía da que nunca se tivo que afastar a organización.

 

Finalmente  quero amosar o meu respecto por Movemento pola Base, aínda que non comparto a súa liña política, pola decisión valente e delicada que tomaron esta fin de semana, decisión que espero tomen nota os críticos que quedan no BNG se a crise se fecha en falso e se converte isto nun volver a empezar a farsa de sempre.

 

Posto por MacLapfer.

TODOS Á MANIFESTACIÓN

ofalarnontencancelas 06/03/2009 @ 13:35
images70.jpg

17 DE MAIO MANIFESTACIÓN POLA LINGUA DA MESA EN COMPOSTELA.

TODOS A MANIFESTACIÓN.

MacLapfer

Volvemos á caridade

ofalarnontencancelas 06/03/2009 @ 09:25

images69.jpg 

 

Feijoo di que vai privatizar os Servizos Sociais, todos sabemos o que isto significa, a volta á caridade cristiá.

Os nosos anciáns coidados polas monxiñas da caridade, e polas fundacións tipo San Rosendo, meu Deus (nunca mellor dito), onde as persoas maiores están coidados por persoal non profesionalizado (sin titulación adecuada) e explotado (dobrando turnos e mal pagadas).

Vou dicir unha cousa que non lles vai gostar a moitos, pero parte da culpa disto a tivo Vicepresidencia do bipartito, se no lugar de facer un consorcio, unha administración paralela, tivera creado un servizo cunha estrutura xurídica similar á do SERGAS, pero de servizos sociais universais que dependese directamente da consellería de Servizos Sociais para toda a cidadanía galega (independentemente da cor política), ao mellor isto era máis complexo desmantelalo.

En fin agora "Marica non chores" que xa é demasiado tarde.

Gozará Galiza algún día dun Estado de Benestar?

Posto por MacLapfer

 

 

AGORA TOCA GOBERNAR AXENTE 009

ofalarnontencancelas 05/03/2009 @ 13:45

 

 

 

images68.jpg

 

 

 

Creo que non se esperaba o axente 009 gobernar a Junta/Xunta de Galicia, e agora ven a realidade. A primeira que non vai ser moi doado cumprir co programa electoral de Galicia Bilingüe máis que nada, porque moita xente imos pedir a educación en Galego para os nosos fillos. 
 

Se os fillos de Galicia Bilingüe teñen dereito á educación exclusiva das materias en castelán, pois os galegos falantes queremos ter a educación en exclusiva das materias en galego. Porque tiña entendido que o axente 009 e Galicia Bilingüe non ían contra ningún idioma senón que defendían o dereito a escoller, espero que a min se me permita usar dito dereito, xa que o axente 009 vai ser o presidente de todos/as os/as galegos/as. Pero claro isto da segregación sae caro, verdade axente 009 e incompatíbel coa política de austeridade.

 

Falando de golpes de efecto, de que me serve a min axente 009 que merques o modelo citroen do pequeno Sarko-Napoleón, se está fabricado en Franza, vale 60.000 euros mais os gastos de blindalo que rondarán os 200.000 euros, ou sexa 260.000 euros máis que teremos que pagar os galegos/as sobre os xa gastados no audi de Touri (porque iso de que o vas vender, haberá que velo), ou sexa un total 740.000 euros que imos pagar en plena crise. Canta demagoxia, non sería máis útil non mercar nada ata que conseguiras vender o de Touri.

 

Por último, é certo gañou a dereita en Galiza, pero que tipo de política económica pensa facer o axente 009, pensa usar as receitas obsoletas do neoliberalismo, abaratamento do despido, baixada de impostos, flexibilizar o mercado laboral... ben que o faga, pero os seus compañeiros da dereita occidental están a facer política intervencionista e Bruxelas está a pedir que se paguen máis prestacións por desemprego. Se o axente 009 vai facer política neoliberal ao mellor todo lle estoupa na cara. Porque goberne quen goberne non vai solucionar a coxuntura con receitas neoliberais.

 

Así que ao mellor o axente 009 ten que facer políticas de esquerdas, vaia paradoxa verdade axente 009.


 

Posto por MacLapfer

É HORA DA REFUNDACIÓN

ofalarnontencancelas 04/03/2009 @ 08:37

 

images2.jpg

Como veño defendendo dende vai anos creo que o BNG ten que refundarse na organización que nunca tivo que deixar de ser, os críticos solicitan hoxe, como tantas veces denunciei no meu blogue que se volva ao sistema asembleario e aos valores orixinais da organización.

Adiante, volvamos a empezar, ánimo. Se o BNG entra en razóns e volve ao lugar que nunca tivo que abandoar, contaredes co meu apoio incondicional.

Tamén digo aos críticos (Encontro Irmandiño, Esquerda Nacionalista, Camilo Nogueira e Movemento Pola Base) que se o BNG non adopta o asemblearismo e os valores orixinais, estes deberían abandoalo e  formar a súa propia organización que salvagarde a esencia do Nacionalismo democrático. 

Posto por MacLpafer.