Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Febreiro 2009

Outra homenaxe musical

ofalarnontencancelas 26/02/2009 @ 13:26

Teño un pouco desatendida esta sección de a música de maclapfer, e como tiña medo de parecer monotemático, espero que a campaña remate rápido, poño este vídeo doutro personaxe que marcou a miña infancia.

Ademáis escollo esta canción "La mauvaise reputation" que é unha das miñas preferidas de Brassens.

 

Posto por MacLapfer

MAQUIAVELO DO QUINIGÁ

ofalarnontencancelas 26/02/2009 @ 12:39

 images37.jpgimages67.jpg

 

Hai xente que me di que vai votar a ao BNG a pesar do seu comportamento caciquil, clientelar  e antidemocrático, resultado do pragmatismo maquiavélico que están a desenvolver ata a máxima potencia. Os seus argumentos son que "prefiro ser gobernados polos corruptos de eiquí que polos de fóra".

Tamén argumentan que se o BNG perde poder no parlamento teríamos un estatuto de merda alonxado das expectativas de estatuto de nación, ademais de ter un grande retroceso no tema da lingua.

Esas mesmas persoas me din que antepoñen os supostos obxectivos nacionalistas aos valores democráticos, xa que a fin xustifica os medios  sexan cales sexan estes, argumentándoo con frases como "Galiza necesita tanto dun nacionalismo", Galiza non pode perder outro tren. (Por iso agora se collen iates).

Soamente concordo nunha cousa, Galiza necesita dos valores que ao longo de toda a nosa historia defendeu  o nacionalismo, valores por certo traicionados polo BNG actual, fraco favor están a facer ao Nacionalismo e a Galiza con este tipo de comportamentos, reforzando a indefensión aprendida deste pobo, que repite ata a saciedade que non se pode facer nada, goberne quen goberne todos/as son iguais.

Grazas ao QUINIUPEGÁ, vainos custar limpar a imaxe que se ten do nacionalismo galego, unha imaxe caciquil e clientelar. Todo polo afán de manter o poder a calquera prezo. Cando ao longo do traballo de moitos anos o Nacionalismo galego e o BNG conseguiran unha imaxe impolupta de ética, traballo e compromiso co país, podías estar ou non de acordo co ideario do BNG, pero existía certo respecto cara os/as membros da organización. 

As veces é mellor retroceder para coller mais folgos e saltar mellor os obstáculos cara a nación galega que intentar cruzalos con métodos máis propios de valores anti democráticos, porque  podes correr o risco de caer no abismo e enlamarte no mesmo esterco no que xa se refregan os porcos de sempre. Quizais sexa bo para Galiza que o Nacionalismo se Refunda, coas mulleres e os homes deste país que aínda cren que outro xeito de facer política é posíbel, homes e mulleres sen medo á democracia participativa apostando polo asemblearismo, por unha cidadanía activa que non sexa tratada como menor de idade ou ultraxada como se fose estúpida, que loite na rúa por un modelo económico sostíbel e en defensa da xustiza social, iso si sen abandeirar a ditadura do proletariado (eu sempre desconfiei  das vangardas que dirixen todo para o pobo pero sen o pobo).Dende este blogue que pouca xente le, pero que me serve para desfogar as miñas inquedanzas, so espero que algún día esa Refundación do Nacionalismo Democrático ocorra para poder abandoar esta orfandade política na que me deixou este BNG.

Posto por MacLapfer. 

BLOQUE SOCIALISTA POPULAR

ofalarnontencancelas 20/02/2009 @ 12:50

Estiven na manifestación de galiza non se vende, e este grupo fixo unha representación ben simpática. Cólgoa aquí para que a disfrutedes.

posto por MacLpafer

OS MITINS DE QUIN

ofalarnontencancelas 20/02/2009 @ 09:00
g22p19f1.jpg

Intento, de verdade escapar desta campaña electoral, de non fixarme mais nela nos candidatos patéticos que ten este país, miuda clase política temos, en fín. Pero é que o King mo  pon realmente difícil.

Se xa foi patético o reparto de publicidade á saída das igrexas aos velliños e velliñas (isto pasou como ben sabedes polo posto anterior na miña parroquia), non quero nin contarvos esta última do BNG. Facer mitins a traición a cincocentos vellos/as que supostamente ían de excursión a Porturgal.

 

Para máis información pincha eiquí.

Posto por MacLapfer

A nova forma de facer campaña

ofalarnontencancelas 15/02/2009 @ 12:18

Levábamos un tempo preguntándonos cal era a diferencia entre o antigo PP o novo BNG e esta mañá por fin o descubrimos, cando descubrimos perto na nosa casa a todos os velliños da parroquia dando un paseo ó soliño cunha bolsa do BNG que segundo dixeran lles repartiran á saída da misa.

Esa é a diferencia: O PP nunca foi tan obvio.

 O paso seguinte será o carretalos para levalos ó colexio electoral. Que pais!!!

 Despois extrañarase a xente de que dende este blogue fagamos campaña para que non se vote ó bipartito.

Posto por MacLapfer e Fror de Toxo.

NON SE PODE VOTAR AO BIPARTITO

ofalarnontencancelas 10/02/2009 @ 11:24

 grazas.jpg

Non quedan xa moitos días para as eleccións ao parlamento galego, e dende o noso modesto blogue faremos a nosa particular campaña.

En primeiro lugar dicir que na nosa opinión sería unha enorme equivocación para calquera cidadán/á que se considere un demócrata radical que se sinta identificado por un modelo de sociedade que defende a xustiza social  e baseado no medre sostíbel con inquedanzas polo medio ambiente non pode votar polo bipartito.

 Votar polo Bipartito do PSDG e BNG e votar continuidade do peor dos 16 anos do PPG, é por desgraza votar clientelismo, paternalismo, mala praxe (concurso eólico, privatización de servizos de selección para a administración pública...), mala xestión de recursos (Cidade da cultura, gastos dos despachos e demais mergullados nunha crise...), mala asistencia sanitaria (sufro as listas de espera aínda peores co PPG digan o que digan), educación pública pésima (Calidade, recursos, lingua galega... todo un desastre), servizos sociais caciquís no lugar de ser universais dende unha consellería de servizos sociais para toda a cidadanía galega independentemente da cor política do concello ou se entran ou non nun consorcio,  precariedade laboral no sector público (Tanto en consellerías do BNG coma do PSDG), administración paralela (GALARIA, SEAGA, INGACAL, CONSORCIO, INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS, CENTRO ONCOLÓXICO, AXENCIA DE EMERXENCIAS, CONSELLO DE RELACIÓNS LABORAIS, BANCO DE TERRAS, SOCIEDADE DE SERVIZOS SOCIAIS, FUNDACIÓNS ILLA SAN SIMÓN, FUNDACIÓN DA FORMACIÓN PARA O TRABALLO, INDUSTRIAS CULTURAIS ....)

 En definitiva un reforzo das peores praxes políticas que xa viñan herdadas dos dezaseis anos do PPG.

 Entón que podemos votar?

Ben é certo que non existen moitas opcións, pero considero que o PSDG e BNG necesitan un castigo. Dito castigo non debe caer na tentación de votar á dereita, xa que sería un retroceso polo que recomendo exercer o voto con algunha destas opcións:

 1.                  Esquerda Unida: Pode ser unha boa opción para os descontentos coa política do PSDG, para a xente de caracter progresista que non se considere nacionalista.

2.                  Frente Popular Galega: Hoxe por hoxe, por desgraza, é a única opción á esquerda nacionalista do BNG (non sei a que esperan os críticos para Refundar o Nacionalismo Democrático e Asembleario), pode ser unha boa opción para castigar a este BNG desvirtuado.

3.                  Voto en branco: para os que non lles convenza castigalos coas opcións anteriores pero queren seguir castigando ao bipartito e exercer o seu dereito democrático de ir votar. 

 Non é que me entusiasme ningunha das opcións enriba expostas, pero prefiro que entren no parlamento algunha destas forzas políticas a premiar a mala xestión destes catro anos do bipartito.

En canto ao voto en branco, é como mínimo unha opción tan lexítima como as outras dúas, o único handicap que ten é que pode favorecer á dereita.

Nós imos exercer unha destas tres opcións, e pedimos o voto a toda a cidadanía de esquerdas descontenta co bipartito que faga o mesmo.

 Se premiades a mala xestión destes catro anos, dunha primeira lexislatura que se supón que sempre é a mellor, que nos espera para a segunda. NON QUEREMOS NIN PENSALO.

 Posto por MacLapfer, Fror de Toxo e   Trasno.